Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 07 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Ventos do Val viaxou a Santander para dar un concerto incluído nun intercambio cultural

Participou a pasada fin de semana no VI Ciclo Coral Verán Musical 2017 celebrado na Igrexa de San Vicente da Maza de Guriezo.

[Img #34775]

 

A Coral Polifónica Ventos do Val, da mosense parroquia de Petelos, realiza ao longo do ano varios intercambios culturais atendendo a peticións das agrupacións que así llo solicitan.


Precisamente a pasada fin de semana, os días 1 e 2 de setembro, participou en Santander no VI Ciclo Coral Verán Musical 2017. O concerto de Ventos do Val incluído neste ciclo realizouse na Igrexa San Vicente da Maza de Guriezo, atendendo a unha petición do Coro de Cámara Gaudia Música (Escolanía de Guriezo Cantabria).


Xunto coa Coral Ventos do Val participaron a Coral Polifónica Santa María de Cueto (Santander) e a Coral Zozoak Abesbatza de Getxo (Bizcaia).


A Coral Ventos do Val, marcándose como obxectivo o de representar con orgullo ó municipio de Mos e cantar cancións do folclore galego  fóra da Comunidade Autónoma, desprazouse ata Santander onde foi moi ben recibida; xa que na capital cántabra atópase o Centro Galego que lembra a Galicia e a tódolos seus habitantes con moito agarimo.


O concerto que Ventos do Val ofreceu en Santander estivo composto de cancións galegas, habaneiras, xotas, boleros, zarzuelas, e cancións mariñeiras.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.