Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 08 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño acolle a XVIII Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola

Expertos de España e Portugal falarán o vindeiro sábado, 9 de setembro, sobre sementes, fruticultura e variedades locais.

A XVIII edición da Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola, celebrarase esta fin de semana en Tomiño.
O encontro está organizado pola Rede Galega de Sementes e a Red de Semillas “Resembrando e Intercambiando” e terá lugar na parroquia tomiñesa de Goián; concretamente, no local social do Centro Goianés, o día 9, e na Fortaleza de San Lourenzo, o domingo 10.

 

[Img #34793]PROGRAMA
Sábado, 09 de setembro. XORNADA TÉCNICA PÚBLICA
Lugar: Local Social Centro Goianes, Goián, Tomiño.
. 11h00-13h00. Mesa redonda sobre fruticultura e variedades locais. Experiencias locais de vivei- rismo e prospección a cargo de:
Ramiro Javier Martínez, “Viveiro O Pomariño” e Asociación Galega Froita Autóctona (A Coruña).
Miguel Silva, Núcleo Agro Ecolóxico do Campo do Geres (Portugal).
Efrén Martín, “Arbole Viveiros” de froiteiros de variedades antigas e castiñeiros (Estremadura).
. 13h00-13h30. Degustación de froitas de variedades locais de cultivo. Por Núcleo Agro Ecolóxico do Campo do Geres.
. 14h00. Comida popular en Espazo Fortaleza. Por Rede Galega de Sementes.
. 17h00-18h00. Entrega do “Premio JuanMa González” ao fomento da Biodiversidade Cultivada a D. José Esquinas Alcázar, experto de prestixio internacional sobre Recursos Filoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura.
. 18h00-19h00. Experiencia de produción e mellora de variedades locais e antigas: a Fundación Galicia Verde. Por Enrique Banet, Fundación Galicia Verde.
. 19h00-20h00. Historia, tradición e salvagarda das variedades locais de millo en Galicia. Por Pedro Revilla Temiño, investigador da Misión Biolóxica de Galicia.
. 20h00-21h00. Presentación do libro “Bienaventurada a maleza porque ela che salvará a cabeza”. Usos de 113 plantas silvestres dos campos norteños. Por Cesar Lema.
. 23h30. Queimada pola biodiversidade cultivada.

 

Domingo, 10 de setembro. FEIRA ESTATAL DA BIODIVERSIDADE AGRÍCOLA
Lugar: Fortaleza de Goián, Tomiño.
. 10h00-14h00. Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola, cunhas mostras de sementes e variedades locais de diferentes lugares da Península, Canarias e Baleares (montaxe postos de 8h30 a 10h00).
. 10h00-11h00. Paseo para a identificación de plantas silvestres e coñecer os seus usos. Por Cesar Lema.
. 11h00-12h00. Obradoiro infantil sobre biodiversidade cultivada. Por Rede Galega de Sementes.
. 12h00-13h00. Obradoiro de extracción de sementes. Por Rede Galega de Sementes.
. 14h00. Comida popular. Por Rede Galega de Sementes.
. 15:00. Declaración final XVIII Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola.
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.