Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 08 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

“Escenarios da Prehistoria” a exposición de fotografías de Federico de la Peña

Esta exposición xorde coa idea de percorrer as mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia a través das fotografías de Federico de la Peña.   


‘Escenarios da Prehistoria’, nome co que así se coñece esta colección de 45 fotografías, pon de manifesto un dos bens patrimoniais máis relevantes da nosa provincia, como é a súa riqueza en asentamentos prehistóricos de gran relevancia.


A exposición divídese en catro grandes bloques temáticos: Asentamentos paleolíticos, Monumentos megalíticos, Petróglifos e Castros. Componse de 45 fotografías enmarcadas  e paneis explicativos dos diferentes períodos.

 

Federico de la Peña é o comisario e autor das fotografías da exposición, naturalista, produtor e realizador audiovisual de documentais de natureza e etnográfico, entre outras facetas profesionais.


O  Castelo de Dona Urraca, albergará, unha vez máis, unha exposición que  estará aberta ó público tódolos sábados, domingos e festivos dende o venres 8 de setembro ata o domingo 8 de outubro.  O horario de apertura da exposición é  de 11:00h a 14:00h e de 16:000h a 20:00h.

 


Hoxe día 8 de setembro ás 20:00h celebrarase a inauguración da mesma.

 

Ademais, cabe lembrar que o Punto de Información Turística de Salvaterra de Miño traballará, paralelamente, neste mesmo horario nas dependencias do Castelo de Dona Urraca.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.