SALCEDA DE CASELAS
Os socialistas de Salceda reclaman a modificación do mapa de emerxencias da provincia
O grupo municipal presentou no pasado pleno unha moción, que conseguiu, tras o seu debate, o apoio dos outros grupos.
![[Img #34825]](upload/img/periodico/img_34825.jpg)
O pleno do concello de Salceda, debateu unha moción presentada polo grupo socialista, dirixida a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, para esixir a modificación do mapa de emerxencias provincial, co obxecto de rematar coas zonas de sombra da provincia que afecta a varios concellos.
Dende o grupo municipal socialista afirman que “é un tema de vital importancia, polo que é necesario o inicio inmediato dun diálogo coa Xunta de Galicia que leve á modificación do mapa de emerxencias provincial, para que non quede ningunha zona na que os bombeiros poidan tardar máis de 20 minutos en acudir a unha emerxencia”.
“No caso de Salceda de Caselas, que si se atopa no radio de actuación de 20 minutos, pode igualmente verse afectada no caso de darse a situación de incendios simultáneos no noso concello e en algunha das zonas de sombra, como A Guarda ou A Cañiza. Por outra banda, “é necesario que teñamos un modelo de calidade e uniforme en todo o territorio provincial”, insiste a voceira Verónica Tourón.
A moción indicaba tamén que “a cidadanía de Salceda e a de toda a provincia pode chegar a estar indefensa ante un servizo de tan escasa calidade, en situacións nas que a diferencia entre a vida e a morte, radica en gran medida no tempo de resposta”.
As concelleiras socialistas fan fincapé na importancia deste tipo de iniciativas, xa que en todo o que incumbe ó mal funcionamento dos servizos de emerxencia hai que buscarlle solucións antes de que se dean circunstancias irremediables. Insisten en que seguirán levando iniciativas que melloren a calidade de vida dos veciños de Salceda, punto este que consideran fundamental na súa labor institucional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85