Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 07 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O gobernio destaca o "consenso" nos Plenos mosenses

"O 50% dos puntos votados nas sesións plenarias do 2017 foron aprobados por unanimidade e máis do 30% por maioría con apoio de parte da oposición" sinalan.

[Img #34855]

 

Cinco dos oito puntos da orde do día que se someteron a votación no Pleno Ordinario de onte pola tarde foron abrobados por unanimidade dos membros da Corporación Municipal mosense e os tres restantes aprobáronse por maioría co apoio ó goberno de dous dos tres grupos da oposición.

 

Os tres puntos que se aprobaron por maioría foron os números 4, 7 e 9 da orde do día. O punto 4 ‘Aumento dos porcentaxes establecidos no TRLRFL sobre gastos plurianuais para a execución da obra Acondicionamento do nó de Sanguiñeda’ foi votado a favor polos grupos municipais PP, GañaMos e BNG e contou coa abstención do PSOE. O punto 7 ‘Modificación do Regulamento Regulador do Réxime Interno das Ludotecas Municipais’, contou co voto a favor de tódolos grupos municipais excepto a abstención de GañaMos. E o punto 9 ‘Modificación dos representantes da Corporación Municipal en órganos doutras administracións’ tamén contou co voto a favor de tódolos grupos municipais excepto o voto en contra de GañaMos.

 

Esta situación tan próxima ao consenso ven sendo a tónica xeral e habitual das sesións plenarias mosenses do actual ano 2017.  Dos 9 plenos que se realizaron no que vai de ano, 8 ordinarios e 1 extraordinario, o 50% dos puntos da orde do día foron aprobados pola unanimidade dos membros da Corporación Municipal, o 30,5% dos puntos aprobados por maioría absoluta (é dicir, cos votos a favor do equipo de goberno con apoio de parte da oposición) e tan só o 13,8% aprobados por maioría simple (aprobados en solitario polo goberno).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.