GALICIA
Feijóo destaca un investimento de preto de 30 millóns en 617 obras de mellora nos centros de ensino
Subliña que benefician a 115.000 alumnos de 180 concellos e indica que se repartiron de xeito acorde á poboación escolar de cada provincia.
![[Img #34866]](upload/img/periodico/img_34866.jpg)
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana na rolda de prensa do Consello un investimento de preto de 30 millóns de euros para reformar, ampliar e mellorar os centros de ensino de toda Galicia.
Ao longo da súa intervención, Feijóo precisou que de cara ao curso 2017/18 se realizaron un total de 617 obras que beneficiaron a 115.000 alumnos de 180 concellos e que supuxeron a contratación de 2000 profesionais vinculados ao sector da construción.
Dentro da achega total, 13 millóns corresponden a oito grandes actuacións cuxa tramitación comezou en 2016 e que se seguiron executando en 2017: a construción do novo CEIP de Culleredo e do novo IES de Soutomaior; o novo pavillón do CEIP Felipe de Castro, en Noia; e as ampliacións do CEIP As Mercedes (Lugo), da EOI de Ourense, do IES Francisco Asorey (Cambados), do IES Laxeiro (Lalín) e do IES de Teis (Vigo). Así mesmo, cómpre salientar que das obras que se programaron para este ano -609-, o 88% xa están adxudicadas.
Asegura que con estas obras a Xunta cumpre o triplo obxectivo de garantir o benestar de toda a comunidade educativa, responder ás necesidades de novas prazas de escolarización, e seguir impulsando a Formación Profesional
O presidente da Xunta resaltou que as 617 actuacións se repartiron de xeito acorde á poboación escolar de cada provincia. De tal xeito, A Coruña foi a provincia na que se realizaron máis actuacións, 251 en 64 concellos; seguida de Pontevedra, con 179 obras en 44 concellos; Lugo con 97 en 34 municipios; e Ourense con 90 actuacións en 38 concellos.
Respecto á tipoloxía das obras que se acometeron, Feijóo afirmou que a maior parte -163- foron para o acondicionamento xeral dos centros, 113 obras destináronse a reparar as cubertas dos edificios debido as incidencias causadas polo clima, e outras 69 destináronse a mellorar as instalacións de fontanería e calefacción. As obras que levaron unha maior parte do orzamento foron as destinadas a mellorar a eficiencia enerxética dos centros de ensino: máis de 3,6 millóns de euros.
Por último, o responsable do Goberno galego asegurou que con estas obras a Xunta cumpre cun triplo obxectivo: garantir o benestar de toda a comunidade educativa; responder ás necesidades de novas prazas de escolarización, ampliando os centros e mesmo construíndo outros novos; e seguir impulsando a Formación Profesional, algo que require a ampliación e mellora de aulas e talleres.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136