Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 09 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

As brigadas mosenses sofocaron 50 lumes dende principios de xullo

O Concello incorporou o pasado mes de agosto unha nova brigada medioambiental gracias a un convenio coa consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que aumentou en tres o número de brigadistas en Mos.

[Img #34856]

 

O dispositivo de loita contra incendios mosense está integrado polo Servizo Municipal de Emerxencias, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, unha brigada que comezou a operar o pasado 3 de xullo dotada de 14 traballadores e a nova brigada medioambiental que empezou a traballar o mes pasado e conta con tres traballadores máis.


A brigada de 14 traballadores que opera en Mos desde xullo foi contratada grazas a unha subvención de Medio Rural e está dotada de 4 operarios, 1 xefe de brigada e 9 condutores que estarán en activo ata finais do presente mes de setembro. Pola súa banda a brigada de 3 traballadores, 2 condutores e 1 operario, finánciase grazas a un convenio de colaboración coa consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e permarecerá traballando no Concello de Mos ata finais deste ano 2017 para que, ao rematar estes mes a outra brigada, o municipio non quede totalmente desprovisto deste servizo. Polo tanto Mos conta actualmente cun dispositivo de 17 traballadores adicados á prevención e extinción de lumes, que colabora activamente cos servizos municipais permanentes de Emerxencias e Protección Civil.


Todo este dispositivo realizou dende principios do pasado mes de xullo un total de 153 intervencións entre incendios forestais e outras emerxencias dos cales 50 foron incendios (48 forestais e 2 urbanos) e os 103 restantes foron intervencións varias.


Os incendios que foron extinguidos por este dispositivo producíronse dentro do propio termo municipal de Mos e noutras localidades veciñas entre as que se atoparon Vigo, Salceda de Caselas, O Porriño, Soutomaior, etc.


Entre as 103 intervencións varias realizadas nas que o dispositivo actuou atópanse accidentes e incidencias de circulación, animais soltos, salvamentos e rescates e outros. Ademais, a maiores de todas estas actuacións, realizáronse intervencións de carácter urxente en casos de niños de Vespa Velutina dentro do municipio de Mos.

 



Servizos prestados polo servizo de emerxencia municipal, entre o 1 de xullo de 2017 e o 7 de Setembro de 2017:


· Accidentes de trafico ..............................…: 35
· Incidencias na circulación ..........................: 26
· Salvamentos e rescates .............................: 1
· Incendios Forestais ....................................: 48
· Incendios urbanos ......................................: 2
· Recollida de animais ..................................: 20
· Operativos programados .............................: 4
· Outras incidencias ....................................: 17


 

O Concello de Mos iniciou o día 3 de xullo a súa campaña municipal contra incendios deste verán para a que a administración local contratou, grazas ós convenios asinados coas consellerías de Medio Rural e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, un total de 17 traballadores.


Destes 17 traballadores, 14 estarán operativos ata que remate a tempada estival e os outros 3 ata final de ano, para realizar funcións de prevención e defensa forestal, reforzando o xa existente Servizo Municipal de Emerxencias e contando en todo momento coa colaboración dos integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.


A importancia deste dispositivo de loita contra incendios é vital, así como tamén o é a concienciación da cidadanía para intentar diminuír desde o primeiro momento o risco dun lume, xa que o monte é patrimonio de todos. De ahí a insistencia da administración local en potenciar a prevención, a vixilancia e disuasión para que os montes mosenses non sexan vítimas dos lumes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.