PONTEAREAS
A Escola de Xinzo inicia o Curso Escolar 2017/2018
No inicio deste novo curso fíxose a presentación oficial da nova imaxe corporativa da Escola de Música de Xinzo.
![[Img #34913]](upload/img/periodico/img_34913.jpg)
O pasado día 4 de setembro preto 100 alumnos/as comezaron o curso 2017/2018 na Escola de Música de Xinzo, o cal rematará o 30 de xuño de 2018. O cadro de profesorado para este curso suma un total de 10 docentes que cubren tódalas especialidades musicais.
Este curso 2017/2018 contará con diversas novidades, entre as que destacan o estreo da imaxe oficial da propia escola de música, a programación dun curso de jazz e outro curso de iniciación á dirección bandística que se celebrarán na última semana de decembro, a organización dun festival de música de cámara polas rúas de Ponteareas na última semana de xaneiro, un curso de empalletado para gaita no mes de maio, o festival de Bandas Infantís no mes de Xuño, así como tamén a celebración no mes de marzo dunha nova edición dos concertos didácticos no auditorio Reveriano Soutullo para todos os colexios de Ponteareas.
No eido máis académico, a Escola de Música de Xinzo estrea neste curso novo funcionamento. A maioría das materias organizaranse en catro niveis de coñecementos co obxectivo de homoxeneizar a ensinanza musical, aumentando así a calidade docente e os resultados de aprendizaxe de todos os alumnos e alumnas.
Aumenta o número de alumnos con respecto ao curso pasado
Ademáis, a dirección da Escola de Música quixo introducir diversas actividades musico-lúdicas neste novo curso escolar para dinamizar e favorecer a ensinanza musical entre todo o alumnado. Destacan a organización da semana do Samaín, a de Santa Icía, a do entroido ou a de portas abertas, complementándose coas as audicións trimestrais correspondentes.
Outra das novidades deste curso 2017/2018 é a impartición de novas materias, como é a de “música tradicional”, que inclúe gaita, pandeiro ou pandeireta, ou a da formación dun coro. Segundo a palabra do Director da Escola de Música, Roberto Sánchez, “queremos facer unha aposta forte pola formación dun coro dirixido a persoas de tódalas idades, dado que na actualidade é unha das poucas carencias culturais e educativas que temos en Xinzo. Polo que animanos a que toda a xente que estea interesada se poña en contacto con nós para poder comezar cos ensaios no próximo mes de outubro”.
ESCOLA DE MÚSICA DE XINZO
Destaca tamén que a Dirección da Escola de Música de Xinzo no seu afán de seguir impulsando a formación musical entre toda a poboación do Concello de Ponteareas, está mantendo contactos con diversas Casas Culturais, co obxectivo de comezar a impartir ensinanzas musicais a nenos e nenas de 4 a 6 anos a través da materia de “música e movemento” de forma descentralizada nas diferentes parroquias de Ponteareas.
Por último, informar a todos os interesados/as que si desexan iniciarse nos estudos musicais na Escola de Música de Xinzo poden informase nos teléfonos 620 06 14 34 ou 655 29 65 76.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129