GALICIA
Turismo de Galicia expón o seu modelo de formación hoteleira na feira máis importante de hostelería e gastronomía Arxentina
O Centro Superior de Hostelería de Galicia estivo presente no ciclo de conferencias da XV edición de Hotelga, que contou coa presenza de máis de 20.000 profesionais.
O modelo de formación hoteleira levado a cabo por Turismo de Galicia a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) está presente estes días XV feira internacional Hotelga que se en Bos Aires (Arxentina).
O CSHG presentou sendas conferencias no Gran Foro do Coñecemento, o espazo de aprendizaxe, intercambio de información, coñecementos e novas ideas que ten lugar neste certame de xestión hoteleira e gastronómica.
A directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Marta Fernández, presentou a conferencia Tendencias e innovación no negocio gastronómico, mentres que a responsable de Formación Continua do Centro, Nuria Sánchez, impartiu unha charla sobre o Novo paradigma do negocio hoteleiro.
O CSHG aproveita esta oportunidade para fortalecer os seus contactos e expandir o seu traballo de formación cara novos mercados e tentar ofrecer asesoramento e formación aos principais actores do sector hoteleiro e gastronómico con América do Sur.
Os responsables do centro aproveitaron para fortalecer os seus contactos e expandir o seu traballo de formación cara novos mercados como América do Sur
De feito, Marta Fernández e Nuria Sánchez mantiveron unha reunión cos responsables da Federación Empresaria Hotelera Gastronómica da República Arxentina (FEHGRA), que representa aos directores de hotel do país, para desenvolver programas de formación continua. O CSHG xa ten traballado con esta organización e outras neste eido en anos anteriores, incidindo na reciclaxe e mellora de competencias dos profesionais.
Máis de 20.000 profesionais
Hotelga é unha feira organizada pola Asociación de Hoteles de Turismo de la República Argentina que ten dimension internacional. É un punto de encontro entre expositores e visitantes especializados, con alto poder de decisión, que permite a interacción directa e eficaz no mercado turístico de toda América do Sur. De feito, Hotelga conta con máis de 200 expositores, ten prevista a presencia de máis de 20.000 profesionais, dos que o 8% son directores, xerentes ou propietarios de negocios de hostelería.
O Centro Superior de Hostelería de Galicia forma directivos hoteleiros e cociñeiros desde fai 20 anos. Máis de 2.500 profesionais formados no CSHG traballan en postos directivos e como cociñeiros en máis de 80 países. Actualmente, está aberta a matrícula no mes de setembro para aqueles allumnos interesados en estudar o Diploma Superior en Xestión Hoteleira ou o Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136