PROVINCIA
Uns 36.829 escolares de educación infantil, primaria e especial comezaron este luns o curso 2017/18 na área territorial de Vigo
Nos centros de educación infantil están matriculados 11.167 alumnos e alumnas.
![[Img #34933]](upload/img/periodico/img_34933.jpg)
Uns 36.829 escolares comezaron este luns as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial na área territorial de Vigo, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 11.167 alumnos se incorporaron as aulas de educación infantil e 25.316 no caso de primaria. No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 346.
Atendendo aos datos segregados por municipios:
![[Img #34934]](upload/img/periodico/img_34934.png)
Inauguración do curso
Co motivo do arranque oficial do curso para os alumnos de infantil e primaria, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, desprazouse hoxe ata o CEIP Canicouva na cidade olívica. Un acto institucional que realizou acompañado pola portavoz municipal del PP, Elena Muñoz, a deputada Teresa Egerique e o senador Miguel Fidalgo.
En declaracións á prensa, o representante do Goberno galego na área territorial de Vigo non pasou por alto o “boicot” do alcalde da cidade, Abel Caballero, quen estaba convidado ao acto e lonxe de desculpar a súa ausencia “contraprogramou unha visita a outro colexio”. “A falta de lealdade institucional, incluso con temas afastados da política, como neste caso o inicio do curso escolar, déixao en evidencia”, en palabras de López-Chaves.
“Goberna Vigo coma se fose un «cortijo» e considera aos vigueses os seus inquilinos”, apuntou, ao tempo no que chamou a atención sobre “a confrontación permanente na que se encontra instalado o alcalde”, en clara referencia ao seu intento de boicotear todo canto proxecto lidera a Xunta de Galicia en Vigo. Neste senso citou a Cidade da Cultura, o hospital, a intermodal ou o transporte metropolitano, entre outros.
“Mandámoslle o venres a invitación ao alcalde e aos grupos da oposición. Non foi ata o domingo cando soubemos, e non porque nolo comunicara Caballero, que tiña pensado utilizar este acto con fins políticos”, indicou o delegado. Xa para terminar, López-Chaves quixo reclamarlle ao alcalde que atenda as súas obrigacións coa ensinanza pública de conservar, manter e vixiar os centros e “non siga a incumprir as súas responsabilidades”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149