MOS
Mos recibe o curso escolar con cine ao aire libre
A cinta que se proxectará, acompañada de palomitas gratis para os asistentes, resulta especialmente interesante para público adolescente e familias con fillos/as maiores de 9 anos.
As concelleiras mosenses de Participación Cidadá e Cultura e Política Social, Julia Loureiro e Sara Cebreiro, respectivamente, informaron hoxe de que o vindeiro venres, día 15 de setembro, o Concello de Mos organiza unha actividade gratuíta de cine ao aire libre no exterior do Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos.
Dita actividade realízase como benvida ao curso escolar 2017-2018 que acaba de iniciarse.
A película titulada ‘La familia Bélier’ dará comezo ás 21.00 horas, sendo trasladada a proxección ao interior do edificio Multiusos en caso de choiva. Repartiranse palomitas de balde entre tódolos asistentes.
A cinta ten unha duración de 1 hora e 46 minutos e é especialmente interesante para público adolescente e familias con fillos/as maiores de 9 anos.
SINOPSE
Dentro da familia Bélier, todo o mundo é xordo, excepto a moza Paula, de 16 anos. Ela é unha intérprete indispensable para que os seus pais poidan desenvolver a súa vida de forma normal, incluíndo os labores dentro da granxa familiar. Sempre foi o vínculo entre os seus e o mundo exterior, pero Paula ten unha voz excepcional que podería convertela nunha gran cantante, iso si, á conta das súas responsabilidades familiares.
‘La Familia Bélier’ está dirixida por Eric Lartigau (‘Los infieles’) e compoñen o reparto Karin Viard (‘El baile de las actrices’, ‘El amor es un perfecto crimen’), François Damiens (‘Tango’, ‘La delicadeza’) e Roxane Duran (‘17 filles’, ‘El monje’, ‘La cinta blanca’).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149