Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 15 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda denuncia o procedemento de adxudicación de obras por parte do Goberno Municipal

"O Alcalde sempre sae cos mesmos empresarios nas fotos, feito que causa gran malestar nas demais empresas salcedenses" explica.

O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, dando "voz ó malestar que lle veñen trasladando varios empresarios salcedenses nos últimos meses", denuncia "o procedemento seguido na adxudicación, que o Goberno Municipal fai, das obras realizadas no Concello".

 

“Analizando os libros maiores de gastos e ingresos, pódese constatar –de xeito claro- que todos aqueles traballos de obras, prestación de servicios e/ou suministros son realizados polas mesmas empresas; feito que tamén queda de manifesto nas diversas comunicacións do Alcalde –tanto en prensa coma en redes sociais- nas que podemos observar que aparece sempre cos mesmos empresarios nas fotos.

 

Este Grupo quere defender que todas as empresas do pobo teñan as mesmas oportunidades á hora de poder optar á adxudicación de obras e servicios por parte do Concello, xa que, como comentamos, hai unha tendencia xeralizada a contratar ás mesmas para as poucas obras que se levan a cabo. Besada non convida ós demais empresarios a participar no proceso e os criterios que usa para esta adxudicación seméllansenos pouco transparentes” explica Davila.

 

 

 

 

Este Grupo propuxo a creación dun rexistro de todas as empresas/empresarios de Salceda para tratar de regular o procedemento

 

 

 


Continúa o voceiro “xa non é a primeira vez que este Grupo advertía nun pleno ó Alcalde da situación e, en vista de que non se tomou ningunha medida para solventala nin se intentou  regular o procedemento, os populares levamos ó pleno do pasado mes de agosto un rogo no que solicitabamos a elaboración dun rexistro municipal de empresas/empresarios de Salceda de Caselas que desexen prestar servizos, para o Concello e aos que se deberá convidar a participar en próximas obras/servicios/suministros, etc. Nos xa contemplábamos  en anteriores programas electorais esta propostas”.

 

“O mesmo Goberno que fai apoloxía da transparencia, decide non seguir –conscientemente- un procedemento con criterios estipulados para a adxudicación de obras e é tamén, o mesmo goberno que continúa ocultando o paradeiro dos cartos cobrados ós veciños e ás veciñas por actuacións no Auditorio Municipal. Ónde está a vara de medir que dicía o Alcalde que tiña para tratar a todos os salcedenses por igual? Cada día somos máis os/as veciños/as os/as que non a vemos” remata o popular.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.