O PORRIÑO
O PP dí que programa das Festas do Cristo "evidencia a falta de implicación coa cidadanía"
![[Img #34975]](upload/img/periodico/img_34975.jpg)
"Un programa pobre, improvisado e que non satisface aos veciños/as do municipio" así definen desde o Partido Popular do Porriño o programa elaborado polo Goberno Municipal para esta edición das Festas do Cristo 2017.
"Unha programación que pon de relevo a falta de implicación do executivo coa cidadanía, ao non dubidar en retirar eventos que cada ano atraían a Porriño a centos de visitantes e que gozaban de gran acollida entre o nosos veciños/as" explican.
"Ademais de presentar un programa escaso de actividades que mingua ano tras ano, este preséntase, unha vez máis, de maneira improvisada e con constantes cambios" din dende o PP.
Os populares lamentan que "o Goberno Municipal non tivese en conta a opinión de veciños/as, hostaleiros/as e comerciantes ao retirar de cartel eventos como o concurso musical “Tes Talento?” ou probas deportivas como o Dúatlon".
"`Tes Talento?´ conseguira consolidarse como un evento referente non só no noso municipio, senón en toda a provincia, promovendo e fomentando a cultura musical entre nenos, mozos e maiores. Varias academias musicais involucráronse no evento creando ao redor del unha sinerxia de formación e convivencia que hoxe borran dunha plumada", aseguran dende o PP.
Para o PP "sorprende de igual maneira comprobar que, por segundo ano e entendemos que de maneira definitiva, o Dúatlon Concello do Porriño non se celebrará. Falamos dun dos eventos deportivos estrela do municipio, que atrae centos de atletas de toda Galicia. Un hito no deporte porriñés que repercutía ademais de forma contundente na hostalería e comercio local dada a enorme afluencia de deportistas e público que concentrab"a.
Ademáis sinalan nun comunicado que "desde que comezasen o seu mandato, a coalición PSOE-UDDL evidenciou a súa intención de desfacerse de numerosos eventos que gozaban de gran respaldo popular, por un único motivo: ser creados polo anterior goberno municipal . Primeiro foi Porrigalia, que ano tras ano acusa ou seu desinterese e intención. Máis tarde sería a festa de PreFin de Ano , cambiando ou seu formato e eliminandoa de maneira espontánea e en contra dá vontade da cidadanía.
Non é menos preocupante para os populares "o sucedido coa tradicional Carreira Nocturna de Ciclismo, tradición con décadas de antigüidade. Aínda que se dubidaba ata o último momento da súa celebración, o Goberno Local sorprende onte a propios e alleos anunciando que se disputará nas Pistas de Torneiros. Algo que colmou o hartazgo de veciños e afeccionados ao ciclismo que non comprendían como é posible que se retire do seu escenario tradicional este evento. Un dos principais atractivos desta proba é que discorre polo centro do Porriño. Pois ben, ante a avalancha de críticas e co programa impreso, anuncian de maneira atropelada que finalmente se manterá o percorrido tradicional. Unha vez máis, o goberno de Eva García bota un pulso á cidadanía, e perde".
Por último os populares critican tamén "a escaseza de actividades dirixidas ao público infantil. Cabe lembrar que durante o mandato do Partido Popular os nenos e nenas foron sempre os protagonistas indiscutibles da programación, involucrando á comunidade educativa do municipio na elaboración e desenvolvemento do programa festivo.
Outro dos temas que desataron a indignación dos populares é a anunciada descentralización das actividades. Ao “abrir a festa aos barrios” esqueceron zonas do centro urbano onde se concentra o maior volume de poboación e de negocios hostaleiros que acusarán estes días de celebración, pois non se organizou nas zonas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184