Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 15 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Mato Otero adianta que o Plan Reitor do Parque Nacional será presentado ao longo do mes de outubro

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destaca que os obxectivos prioritarios da Administración no Parque Nacional Illas Atlánticas é protexer este paraíso natural e velar pola seguridade das persoas que o visitan.

[Img #35015]

 

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, sinalou que o departamento que dirixe sempre velará pola protección da riqueza natural da Comunidade e a seguridade das persoas que gozan do patrimonio ambiental de Galicia, é dicir protexer o medio natural por riba de todo e combinalo cun turismo sostible.

 

Así o manifestou esta esta semana no Pleno do Parlamento de Galicia, onde indicou que o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas serña presentado aos colectivos no vindeiro mes de outubro.

 

A Consellería de Medio Ambiente traballa na redacción deste documento que se debaterá con todos os colectivos implicados para acadar o maior consenso posible e poder aprobalo en 2018. Neste plan, unha das cuestións que se valorará e o cupo de visitantes ao parque, que se estudará en función da capacidade de carga deste espazo protexido e no que se regulará o sistema de cupos en todos os arquipélagos do parque nacional.

 

 

 

 

Destaca que froito do incremento da vixilancia con controis manuais e aleatorios realizados abríronse 10 expedientes, cuxa proposta de sanción se terá ao longo deste mes

 

 

 

 

A conselleira indicou que se tomaron distintas medidas para o control do cupo de visitantes permitido, como o Código QR nos billetes ou as melloras nas plataforma informática da central de reservas e tamén os conteos manuais e aleatorios. Defendeu que a Consellería “fixo o que estaba da súa man, actuou con responsabilidade, advertiu do que ía acontecer, pero non escoitaron e obrou en consecuencia” e engadiu que permitir que o pasado 20 de agosto se permitise o desembarco de máis de 2.000 persoas sobre o cupo sería unha verdadeira responsabilidade.

 

Indicou que a Xunta tomou a decisión de incrementar a vixilancia e o conteo diario neste verán, que se traduciu na apertura de 10 expedientes, cuxa proposta de resolución estará ao longo deste mesmo mes, e que o 20 de agosto prohibiu o desembarco de 8 barcos das navieiras que ofrecen este servizo de transporte, despois de ser advertidas reiteradamente. Argumentou que quedou acreditado que a Xunta realiza os controis pertinentes e que esas medidas foron as que permitiron detectar e atallar as prácticas irregulares.

 

A conselleira recordou que a Xunta non pode prohibir a saída dun barco dun peirao, xa que a competencia está estritamente na entrada á illa; polo que a Administración galega non é responsable do engano das navieiras aos visitantes e lamentou a estafa á que foron sometidos os turistas e as molestias que estas xeraron coa venda irregular de billetes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.