Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 14 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Baldomero Lorenzo asumirá as competencias en Deportes, Alumeado e Eficiencia Enerxética

O goberno local mosense redistribúe ás áreas de xestión coa incorporación do novo concelleiro

[Img #35023]

 

A semana pasada levouse a cabo durante o Pleno do Concello, na sesión ordinaria deste que tivo lugar o mércores día 6 de setembro ás 19:00 horas, a toma de posesión do novo concelleiro do Partido Popular de Mos, Baldomero Lorenzo García.

 

Tras a devandita toma de posesión de Lorenzo, veciño da parroquia de Louredo, as diferentes áreas do goberno mosense redistribuíronse pasando este a dirixir as concellerías de Deportes, Alumeado e Eficiencia Enerxética.

 

O ata o de agora edil de Alumeado, Luis Alonso Seijo, mantén a área de Vías e Obras. Pola súa banda Sara Cebreiro continúa a dirixir os mesmos departamentos que anteriormente e que son os de Política Social, Cultura, Turismo e Réxime Interno. E tamén continúa coas mesmas concellerías que ata o de agora o edil Óscar Soto, responsable de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías.

 

Tras facerlle traspaso da carteira de Deportes ao novo edil Baldomero Lorenzo, o primeiro tenente alcalde, Alberto Méndez, continúa dirixindo as concellerías de Facenda, Contratación e Transparencia.

 

Por outra parte a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, asume as áreas de Participación Cidadá e Mobilidade (que xa levara en lexislaturas anteriores) e traspásalle as de Medio Ambiente e Emerxencias a Cándido Pérez Rodríguez, quen leva tamén Limpeza e Parques e Xardíns.

 

E por último Camilo Augusto Martínez incorpora ás súas delegacións a concellería de Educación, que se suma ás áreas que xa xestionaba ata o de agora e que son Coordinación de Asociacións Veciñais, Patrimonio, e Saneamento.

 

Todos eles, xunto coa alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, constitúen o equipo de goberno do Concello de Mos que, en palabras da propia rexedora local “continúa como sempre á disposición de todos e todas os/as veciños/as e traballando duro a prol da calidade de vida da veciñanza”.

 


Do seguinte xeito quedan establecidas as diferentes áreas do goberno mosense, trala incorporación do novo concelleiro Baldomero Lorenzo:

 

 

- ALCALDESA
NIDIA MARÍA ARÉVALO GÓMEZ

 

- POLÍTICA SOCIAL, CULTURA, TURISMO, PERSOAL E RÉXIME INTERNO: 
SARA MARÍA CEBREIRO ALONSO

 

- FACENDA, CONTRATACIÓN E TRANSPARENCIA: 
ALBERTO MÉNDEZ LAGO

 

- VÍAS E OBRAS:
JOSÉ LUIS ALONSO SEIJO

 

-URBANISMO, PARTICIPACIÓN CIDADÁ E MOBILIDADE: 
JULIA LOUREIRO CAMPO

 

- DEPORTES, ALUMEADO E EFICIENCIA ENERXÉTICA: 
BALDOMERO LORENZO

 

- PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPREGO E NOVAS TECNOLOXÍAS: 
ÓSCAR SOTO ABADÍN

 

- LIMPEZA, PARQUES, XARDÍNS, MEDIO AMBIENTE E EMERXENCIAS: 
CÁNDIDO PÉREZ RODRÍGUEZ

 

- COORDINACIÓN DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, PATRIMONIO, SANEAMENTO e EDUCACIÓN: 
CAMILO AUGUSTO MARTÍNEZ

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.