A LOURIÑA
Persoal do PAC ensinará aos rapaces a reaccionar ante un paro cardiaco
Pretenden chegar ás alumnas e alumnos dos centros dos concellos as que presta servizo o PAC: Mos, Salceda e O Porriño.
![[Img #35035]](upload/img/periodico/img_35035.jpg)
O Concello colaborará coa celebración do ‘Día Europeo de Concienciación do Paro Cardíaco’, impulsada dende o Punto de Atención Continuada (PAC) do Porriño.
Este pasado xoves a alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Educación, Lourdes Moure, mantiveron unha xuntanza coas organizadoras deste evento, programado para o vindeiro 16 de outubro, que pretende chegar ás alumnas e alumnos dos centros dos concellos as que presta servizo o PAC: Mos, Salceda e O Porriño.
Unha das impulsoras desta celebración, a doutora do PAC Montserrar Rodríguez Cabaleiro, explicou á alcaldesa e á concelleira de Educación que o acto farase en colaboración grupo musical "As Maimiñas" e consistirá nunha actividade lúdica para concienciar ás rapazas e rapaces da importancia de saber que “so coas túas mans podes salvar vidas”, ‘As túas mans salvan vidas’, e lograr que adquiran os coñecementos básicos de reanimación para poder axudar e reaccionar nun caso de morte súbita.
A doutora Rodríguez salientou a importancia deste aprendizaxe dende os primeiros anos e de levar a mesma aos colexios, “polos que pasa o cen por cen da poboación” e nos que é posible que aprendan a técnica dunha reanimación cardiopulmonar (RCP), cómo actuar diante dun paro cardíaco e a quen chamar para pedir axuda.
A actuación dentro dos primeiros 5 minutos despois dunha parada cardíaca é transcendental e pode marcar a diferencia entre manter a unha persoa con vida ou que morra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184