Martes, 25 de Noviembre de 2025

Redacción Francisco Javier Baquero Rotea
Jueves, 21 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
DATOS HISTÓRICOS

Entrando na Casa Reitoral de Petelos

Segundo o catastro de Enseada,a mediados do século XVIII, a propiedade pertencía ao cura de Petelos D. Juan Represas Carvallido

[Img #35047]Situámonos  no século XVII, desde onde hoxe está o parque infantil da Porteliña, subiríamos polo camiño que pasaba polo lateral da antiga igrexa, xa que esta antes tiña a súa entrada polo lado da autovía, e hoxe teríaa por diante da actual igrexa, en dirección á cruz que está detrás do Concello, e onde se atopa a porta que era a entrada principal da Reitoral.

 

Se continuamos subindo polo camiño, pasamos polo portal que daba entrada ao "Eirado"; e se continuamos camiñando, chegamos ao Camiño Real, que viña de Sanguiñeda e pasaba pola capela que levou ao longo da súa existencia catro nomes de patróns: San Amaro, San Mauro, San Antonio e hoxe San Eleuterio. E desde este punto, dirixíase cara a Vigo pasando pola pousada. Chamado actualmente “Lugar de Pousada”.

 

[Img #35048]Este camiño, discorre por diante do Concello, probablemente debido á adquisición dos terreos para a construción do mesmo, alá polo ano 1940. Se entrásemos a finais do século XIX polo portal que esta á beira da cruz, atopariámonos co outro portal que foi construído polo carpinteiro D. Francisco Táboas na década de 1880.

 

 

Antiga casa de San Mamede de Petelos

 

Segundo o catastro de Enseada,a mediados do século XVIII, a propiedade pertencía ao cura de Petelos D. Juan Represas Carvallido, de 53 anos, asistido por unha irmá, dous criados e unha criada.

 

 

[Img #35051]

A Reitoral estaba composta por dúas casas. Unha delas dun alto que pasou a chamarse casa do Lagar, e a outra, Terreña (chan de terra) de planta baixa, de 4,17m. por 6,7m que ten de superficie 30 m. cadrados

 

As dimensións da casa do Lagar, (de baixo e piso) construída no século XVII, era de 6,7 m. por 10 m. o que nos dá unha superficie 67 m. cadrados.

 

O nome desta casa (desde mediados do s. XIX) vénlle dado, porque no seu baixo tiña adega con lagar.

 

[Img #35049]Debido ó deterioro da devandita casa, no ano 1885, tiveron que levantar de novo a fachada, ademáis tamén embaldosouse a entrada da mesma.

 

O custo das dúas actuacións, realizadas polo mestre canteiro D. Juan González Calzado, ascendeu á cantidade de 400 reais da época.  

 

A casa da Torre restaurada últimamente, foi construída a finais da primeira metade do século XIX.

 

Ao estar a reitoral na casa da Torre e ter esta moi pouco espazo, sobre o ano 1880, fixeron no piso superior da casa do Lagar un salón comedor e un gabinete escritorio (despacho reitoral). Tiña este a súa entrada exterior, polo lado sur.

 

No ano 1882, tomou posesión da parroquia de Petelos, D. Antonio Abelardo Sánchez, o cal se dirixiu aos señores visitadores deste arciprestazgo, para que viñesen comprobar o mal estado en que se achaba dita casa reitoral, e o autorizasen a facer as melloras máis perentorias.

 

 

Financiación da “Casa da Torre”

 

O 30 de marzo do ano 1833, sae un Real Decreto autorizando a construción da estrada "Vigo-Castela". Debido ao paso desta estrada por Petelos, por terreos da reitoral, foi obrigado expropiar, o cal achegou un diñeiro que facilitou a súa construción na devandita data.

 

 A primeira casa mencionada é a que esta á beira da Torre, e o portal da adega dá á casa nova do cura actual, e á outra casa na parte de atrás.

 

As medidas das dúas casas coinciden coas medidas en varas do catastro de Enseada do ano 1754, pero nesa data non aparece a que sería a casa da Torre, nin casa con mención de dúas alturas que é o que ten a Torre.

 

Os gastos das obras de reparación e reformas na Reitoral ata o 5 de decembro de 1887 eran de 2899 reais segundo documentos históricos da época.

 

Teño que dar as grazas ao señor Rafael Orge de 96 anos, de Petelos, que viviu nesa reitoral uns 14 anos e que foi sacristán da devandita parroquia, o cal me confirmou as miñas suposicións sobre esta Reitoral. No ano 2005 facilitoume unhas fotos dela, do ano 1940.

 

[Img #35050]

Esta casa Torre estivo habitada ata a segunda metade da década de 1960, época en que se construiu a actual casa Reitoral.  O último que viviu nela foi o cura D. Antonio García Castro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.