Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 16 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta adía ao vindeiro 9 de outubro o peche ao tráfico do corredor do Morrazo para facilitar os desprazamentos durante a celebración da feira Conxemar

A Consellería de Infraestruturas vén de trasladarlle esta decisión aos Concellos de Moaña, Cangas e Bueu, así como ás empresas que están a desenvolver as obras coa fin de realizar os axustes necesarios na súa programación.

A Xunta adía ao vindeiro 9 de outubro o peche ao tráfico do corredor do Morrazo para facilitar os desprazamentos durante a celebración da feira Conxemar. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de trasladarlle esta decisión aos Concellos de Moaña, Cangas e Bueu, así como ás empresas que están a desenvolver os traballos no corredor coa fin de realizar os axustes necesarios na programación das obras.

 

O Goberno galego e os citados municipios da comarca do Morrazo acordaron no pasado mes de xuño variar o trazado da autovía para preservar o castro de Montealegre, o que implicará pechar o tráfico para avanzar nas obras entre outubro e o vindeiro mes de maio, cando xa se abrirán os dous primeiros treitos con características de autovía.

 

 

 

 

O Goberno galego e os citados municipios da comarca do Morrazo acordaron en xuño variar o trazado da autovía para preservar o castro de Montealegre, o que implicará pechar o tráfico para avanzar nas obras entre outubro e maio

 

 

 

 

Esta alternativa permitirá preservar, na súa totalidade, o castro, no que se vén traballando intensamente desde a Xunta, nos limitados ámbitos que inicialmente quedaban afectados pola infraestrutura.

 

Nos últimos meses a AXI levou a cabo un estudo técnico que certifica que ampliar o túnel actual, en lugar de facer un segundo, é tecnicamente viable, ademais de constituír unha obra de referencia da que non se coñecen equivalencias en España.

 

O Goberno galego continúa a traballar para dar resposta a unha vella demanda e dotar canto antes aos veciños e á comarca dunha infraestrutura estratéxica e fundamental para o reforzo da seguridade viaria, para resolver os problemas de capacidade e mellorar a vertebración territorial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.