Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 18 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Aberto o prazo de inscrición para participar na Ruta da Cerámica que transcorrerá por Mos

As prazas dispoñibles son 50 por iso se lles recomenda aos interesados inscribirse canto antes.

[Img #35084]Dende a concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que xa se atopa aberto o prazo de inscrición para a actividade que terá lugar o vindeiro 30 de setembro pola chamada Ruta da Cerámica.


A ruta terá saída do pazo de Mos ás 10.30 horas da mañá e chegada ao Pazo sobre as 12.00 horas. Unha vez finalizada a ruta haberá unha explicación dun ceramista sobre como se traballa a cerámica e os participantes terán a oportunidade de elaborar algunha peza.


O límite de participantes é de 50 en total por iso os interesados deben inscribirse canto antes. Esta ruta está enmarcada no programa da Deputación de Pontevedra denominado ‘Etnoexperiencias, itinerarios e mostras do saber popular’ e organízao conxuntamente co grupo Estela Arqueoloxía e Patrimonio.


En Mos realízase a Ruta da Cerámica pola tradición existente no municipio do traballo desta técnica artístico-artesanal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.