Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 16 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

O BNG acusa ao goberno de “manipular” ao presupoñer un consenso

Óscar Rodríguez Campo responsábel local do BNG denuncia “o intento de manipulación por parte do PP ao presupoñer un consenso nos plenos de Mos”.

 

“Unha cousa é as necesidades mínimas da xente no día a día, que, como organización  con vontade de gobernar ten que ser responsábel e apoiar” explica.

 

“Outra cousa son os grandes temas que poden modificar o concello a medio e longo prazo e a visualización dos seus actos institucionais como: o Plan Xeral, fFsta da Rosa, concesión medallas, transporte viaxeiros etc. Nestes temas non hai acordo posíbel do BNG co PP, xa que para os populares priman os intereses do seus amigos. Un exemplo foi a concesión das medallas de Mos deste ano que tal como dixo a alcaldía no pleno dábaselle as comunidade de montes que  utilizan os cartos como debe ser, e non se lles dá as que o utilizan para reclamar nos xulgados terreos que están en mans das administracións, por tanto non se premia a boa labor das asociacións senón o submisas que estas sexan co goberno do PP” asegura Rodríguez.

 

Por iso dende o BNG aseguran “unha oposición con firmeza e en moitas ocasións en soidade, pero co único obxectivo de mellorar en todos os aspectos o noso concello”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.