Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Mañá comeza o xuizo pola titularidade das Canteiras de Atios

[Img #35112]

 

Mañá martes 19 de setembro, ás 9:30 damañá, terá lugar no xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 3 do Porriño o xuizo  pola reclamación, por parte da comunidade de montes de Atios, dos terreos ocupados polas canteiras de granito situados dentro do monte veciñal Carrascal e Laxedo, parcelas que agora son de titularidade municipal. É unha data longamente esperada polos comuneiros, e veciños de Atios en xeral, xa que chega máis de catro anos despois de que a directiva da comunidade interpuxera a demanda civil contra o concello do Porriño o 23 de xullo de 2013.

 

"Dende o incio do procedemento o preito sufriu innumerables atrancos, provocados principalmente polas manobras claramente dilatorias da parte demandada" segundo aseguran dende a CMVMC de Atios  . Esta vista oral estaba fixada para o pasado 19 de abril, pero un problema co informe pericial solicitado polo concello obrigou a retrasalo ata agora. Durante estes catro anos celebráronse  catro audiencias previas, o que da idea da complexidade que acadou o asunto. "Aínda que a CMVMC de Atios subrogarase e respetará os contratos de cesión vixentes, foi obrigada a codemandar, porque o concello solicitou o litisconsorcio, a 22 empresas de granito e áridos que figuran como arrendatarias de terreos dentro da parroquia de Atios, nas parcelas que son reivindicadas pola comunidade de montes" explican.

 

Unha demanda "xusta"

 

Dende a CMVMC de Atios confían en que" neste preito a xustiza poña fin ao que consideramos unha anomalía xurídica e administrativa, que comeza en 1987 cando o Xurado Provincial de Montes deixou 169 hectáreas (precisamente onde están as canteiras) do monte Carrascal e Laxedo fóra da clasificación do monte veciñal. Deste xeito esa porción do monte segue en mans do concello, quen durante todo este tempo percibiu as rendas do alugueiro".

 

Aseguran que "a situación na que se atopa esta parte do monte de Atios é, ao noso entender, unha anomalía. A outras parroquias, como é o caso de Teis, Salcedo, Tameiga ou Cabral, a Xustiza recoñeceulles a propiedade de terreos onde agora hai campos de fútbol, un cuartel militar, un polígono industrial ou, incluso, un aeroporto! Por que, entón, a Atios non se lle vai recoñecer a titularidade dun monte onde hai unha actividade tan ligada ao aproveitamento inmemorial dun monte como é unha canteira de pedra? É máis de “uso veciñal” un cuartel militar, un polígono industrial ou un aeroporto!?"

 

"Todos os veciños de Atios temos, absolutamente e sen ningún xénero de dúbidas, moi claro cal é a identidade do noso monte, cales son os seus límites xeográficos, cales as súas dimensións e cales os seus lindeiros. Non hai, na nosa opinión, ningún argumento xurídico de peso, que vaia ao fondo da cuestión, polo que poida negarse a demanda dos veciños de Atios" engaden no comunicado emitido hoxe.

 

Reclamación de cantidades

 

Paralelamente á reivindicatoria civil da titularidade dos terreos, a CMVMC de Atios reclámalle tamén ao Concello do Porriño o pagamento das rendas percibidas en concepto de arrendamento dende o 1-01-2008 (data en que rematou o convenio asinado entre o concello e a parroquia de Atios para o reparto das rendas das canteiras) ata a actualidade.

 

"Segundo certifica o interventor municipal mediante escrito presentado no xulgado, e incorporado á causa, o pasado 22 de febreiro- o concello do Porriño fixo deixación da súa función recadatoria. Isto é así, porque que en 9 anos o concello só ingresase por concepto de alugueiro dos 620.000 metros cadrados que ocupan as canteiras ubicadas en Atios, 1.877.088,53 euros. É dicir, algo máis de 200.000 euros ó ano, tan só un terzo do que debera ser.  Admitimos que moitas explotacións levan anos sen actividade e algunha incluso está abandonada, pero entendemos que é difícilmente xustificable este desleixe recadatorio, que prexudica a todos os veciños do Porriño, non só aos de Atios" explican.

 

Por ultimo din confiar "en que non xurdan máis atrancos e por fin poida dilucidarse en sede xudicial o que para os veciños de Atios é unha xusta reivindicación histórica".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.