GALICIA
Probas para a obtención do certificado de adestrador de cans para a garda e defensa
Os exames consistirán na realización dunha proba teórica, cuxo temario se publica no anexo II da desta resolución, e unha práctica, que consistirá na simulación de exercicios de obediencia
![[Img #35118]](upload/img/periodico/img_35118.jpg)
O Diario Oficial de Galicia publicaba onte (http://bit.ly/2xc5MF6) as bases reguladoras para a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os exames consistirán na realización dun exercicio teórico escrito e dun exame práctico con cans sendo preciso ter superado o exame teórico para poder acceder á realización deste último. No caso da proba teórica, consistirá no desenvolvemento, por escrito, de dous exercicios, que versarán sobre as materias do programa descrito no anexo II desta convocatoria. Para a súa execución as persoas aspirantes disporán de 120 minutos e non poderán consultar textos normativos nin calquera outro de apoio. O primeiro dos exercicios consistirá en responder a 40 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, das que só unha é correcta. O segundo exercicio consistirá en realizar estudos ou supostos e poderán responderse mediante unha explicación escrita ou mediante a selección da resposta correcta entre varias indicadas polo tribunal cualificador.
No caso do exame práctico, este consistirá na simulación de exercicios de obediencia e modificación de conduta con cans, onde a persoa aspirante deberá defender oralmente as técnicas utilizadas e responderá ás preguntas realizadas polo tribunal cualificador.
As persoas que desexen obter este certificado dispoñen dun prazo de 20 días naturais (contados a partir do día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia) para a presentación das solicitudes, que se presentarán preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal, co código MT420B).
A data da realización das probas, así como os horarios, serán acordados polo tribunal cualificador e publicados no Diario Oficial de Galicia, cunha antelación mínima de quince días naturais á data elixida.
O Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos, determina que o adestramento de cans para garda e defensa deberá efectuarse por adestradores que estean en posesión dun certificado de capacitación expedido ou homologado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A Orde do 16 de outubro de 2002 (publicada o 24 de outubro de 2002 no Diario Oficial de Galicia) determina os títulos que habilitan para a expedición directa deste certificado de capacitación para o adestramento, no ámbito da nosa Comunidade Autónoma. Así, a citada Orde establece no seu anexo os títulos que se estiman suficientes para a expedición directa deste certificado , en consideración a que presupoñen a superación de probas ou son expedidos por organismos públicos ou institucións de recoñecida solvencia na materia, establecéndose o procedemento para a obtención directa desta certificación.
No resto dos casos, e de conformidade co disposto no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, as persoas solicitantes deberán someterse a unha proba que será avaliada por unha comisión nomeada, para os efectos, pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. A proba versará sobre os contidos do programa que figura no anexo VII do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, e terá por obxecto comprobar os coñecementos teóricos e prácticos das persoas solicitantes. A superación destas probas constitúe un requisito previo e indispensable para a expedición do certificado de capacitación para o adestramento para garda e defensa.
A última convocatoria na Comunidade galega para a obtención destes certificados foi no ano 2011

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215