O PORRIÑO
A directora xeral de Explotación e Construción de Adif visita o paso a nivel do Porriño este xoves
Ao ser aprazada a entrevista prevista para este pasado luns, en madrid, entre a alcaldesa e a directora xeral de explotación e construción de adif
![[Img #35151]](upload/img/periodico/img_35151.jpg)
A entrevista prevista para este luns en Madrid entre a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a directora xeral de Explotación e Construción de Adif, Isabel Pardo de Vera, realizarase finalmente o vindeiro xoves, día 21, no Porriño.
Pardo de Vera viaxará ata a vila para coñecer in situ e en persoa o problema que causa o paso do tren polo centro do Porriño. A directora xeral estará diante mesmo das barreiras e terá ocasión de ver o pasos dos trens e, especialmente, a velocidade á que o fan, moitas veces a 140 quilómetros por hora.
A responsable de ADIF, que viaxa a O Porriño cando se cumpre un ano do accidente no que morreron 4 persoas e preto de 50 resultaron feridas, manterá unha entrevista coa alcaldesa e cos voceiros dos grupos municipais e recibirá unha explicación polo miúdo do que supón para a vida dos porriñeses o feito de que os trens circulen a diario polo caco urbano.
O pasado día 9 houbo unha concentración en lembranza das vítimas do accidente e no acto o manifesto que se leu, consensuado por todos os grupos municipais, pediuse que se estremasen as medidas de seguridade “en tanto non se suprime o paso a nivel”, unha actuación que se demanda dende hai medio século.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184