Martes, 25 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 19 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Concello e Xunta poñen en marcha unha inspección conxunta do Transporte Público de Galicia

A principal problemática do Transporte Público de Galicia ao seu paso por Mos é que a información sobre liñas, frecuencias, horarios e paradas de autobús é insuficiente

[Img #35152]

 

O xefe territorial de Infraestruturas da Xunta de Galicia, José Luis Díez, reuniuse esta mañá no Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Mobilidade, Julia Loureiro e axentes da Policía Local mosense para tratar a problemática existente no municipio co Transporte Público de Galicia.

 

Entre outros aspectos abordados na xuntanza celebrada esta mañá, os representantes municipais propuxéronlle ao xefe territorial a posibilidade de suplir as deficiencias das liñas con paradas en Mos –que son as procedentes de As Neves e Salvaterra - incluíndo paradas dentro do termo municipal mosense nos autobuses que agora fan directos os traxectos O Porriño-Vigo e Vigo-O Porriño pasando cada hora. As paradas que se incluirían nestes buses ao seu paso por Mos serían as de Sanguiñeda, Talleres Vaquero, Porteliña, Curuxeira, Rans, Ramilo e Puxeiros; de xeito que os veciños e veciñas de Mos terían servizo de transporte cada hora dende as 06.30 horas da mañá ata as 22.00 horas da noite. Esta opción sería ademais a ideal para que os habitantes da localidade mosense puideran desprazarse óptimamente ata Puxeiros, o Hospital Álvaro Cunqueiro e ó Porriño.

 

Usuarios denuncian que a información sobre liñas, frecuencias, horarios e paradas de autobús é insuficiente

 

 

Ademais José Luis Díez e as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, acordaron tamén iniciar nos próximos días unha inspección conxunta entre a Policía Local de Mos e a consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia sobre o cumprimento das rutas e frecuencias horarias do Transporte Público de Galicia ao seu paso por Mos, xa que os buses das liñas que prestan servizo na localidade mosense -que son as procedentes de As Neves e Salvaterra- ou ben non respectan as paradas e non se deteñen, ou ben se retrasan ou incluso se adiantan (algúns pasan cunha antelación de ata 10 minutos).

 

A Policía Local mosense leva xa máis dunha semana emitindo informes oficiais diarios sobre o cumprimento do horario e das paradas do servizo autonómico de transporte público e os informes constatan que a maioría de incidencias nas liñas que pasan por Mos son relativas a retrasos de entre 15 minutos e media hora, existindo tamén unha porcentaxe de autobuses que non pasan que foron detectados fundamentalmente no horario de mañá e doutros que se adiantan ata 10 minutos.

 

Todos os informes policiais emitidos están a ser enviados pola asministración local á Dirección Xeral de Mobilidade.

 

A principal problemática do Transporte Público de Galicia ao seu paso por Mos é que a información existente sobre liñas, frecuencias, horarios e paradas de autobús é insuficiente; que o servizo de transporte sufre retrasos e adiantos e que hai paradas que non se respectan.

 

Como é lóxico, esta situación está a xerar queixas veciñais e dende o Concello de Mos a preocupación por este tema é notable polos graves contratempos que se lles está a causar aos veciños e veciñas mosenses. A urxencia de solventar as deficiencias canto antes para continuar a prestarlle á veciñanza un servizo básico e vital para poder levar a cabo o seu día a día coa normalidade que antes o facían é vital e, por iso, dende a Policía Local se lle está a facer seguemento exhaustivo a este tema co obxectivo de que as empresas concesionarias do servizo de transporte reanuden as rutas que pasan por Mos cumprindo as frecuencias, horarios e paradas establecidos; solucionando así unha situación que está a ocasionarlles graves problemas aos veciños e veciñas de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.