Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 20 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Desempregados podrán formarse no Porriño grazas a tres novos cursos

Unha subvención de máis de 96.000€ da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia permitirá impartir esta formación

[Img #35153]

 

A Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Soledad Girón, organiza  tres cursos AFD ( Accións Formativas para Persoas Desempregadas), logo de obter unha subvención de máis de 96.000€ da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Os cursos impartidos polo Concello do Porriño serán: Servizos de Restaurante (de 608 horas), de nivel 2; Operacións Básicas de Restaurante e Bar (318 horas), de nivel 1 e, finalmente,  Operacións Básicas de Cociña (378 horas), tamén de nivel 1.

 

Dende a Concellería de Emprego e Formación lémbrase ás veciñas e veciños que xa está aberto o prazo de inscrición, que o lugar para cumprimentar a mesma é a Oficina de Emprego do Porriño e que o único curso que esixe un nivel de estudos mínimo –ESO ou similar- é o de Servizos de Restaurante, que é do nivel 2.

 

Soledad Girón subliña que a taxa de paro no Porriño baixou nos dous últimos anos do 26,3%-porcentaxe no que estaba cando o actual Goberno local tomara posesión- ao 18,2%-ao peche de agosto: máis dun 8% en total, grazas á posta en marcha de distintos programas formativos, impulsados e financiados polo propio Concello, e os acordos asinados con representantes do mundo empresarial, coma "Porriño Accede", e os plans de emprego co-financiados coa Deputación de Pontevedra.

 

A concelleria sinala que na actialidade “estamos pendentes da concesión do PIEM (Plan Integral de Emprego para Mulleres)”, que suporía, “no caso de que nos fose concedido, un investimento de 100.000€ para poder impulsar medidas que axudarán a reducir o desemprego entre as porriñesas que están na procura dun traballo”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.