O PORRIÑO
A Policía Local multará con ata 1500 € os infractores que deixan refugallos na vía
![[Img #35174]](upload/img/periodico/img_35174.jpg)
As concellerías de Seguridade e Limpeza veñen de iniciar unha Campaña de Sensibilización e Concienciación Ambiental que abrangue o coidado dos espazos públicos incidindo na importancia da separación selectiva dos residuos.
O obxectivo é o de promover a reciclaxe así coma o correcto verquido dos refugallos orgánicos que será, obrigatoriamente, en bolsas que teñen que deixarse nos colectores.
Ademais, como xa anunciara o concelleiro de Limpeza, Orlando Márquez, co gallo da colocación de parte das novas papeleiras en diferentes partes do Porriño, a Policía Local está a realizar xa unha especial vixilancia da recollida por parte dos seus donos dos excrementos que os cans deixen nas rúas.
O xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez subliña que a propia Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia Cidadá, Limpeza de Vías Públicas e Recollida de Residuos “contempla sancións de ata 1.500€ polo seu incumprimento”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184