GALICIA
Feijóo “a ninguén lle debe sorprender que nun estado de dereito se aplique a lei”
Incide en que os galegos soubemos interpretar a nosa identidade dun xeito diferente a como o fixeron outros: “É a nosa unha identidade aperturista e inclusiva que busca síntese e non pon reparos a sumar outras identidades”, asevera
![[Img #35178]](upload/img/periodico/img_35178.jpg)
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo recordou hoxe, durante a inauguración do XIII Congreso da Asociación Española de Ciencia Política, A fortaleza de Europa: valados e pontes, que incumprir a lei ten consecuencias. “Sempre as tivo e sempre as terá”, sentenciou, ao que engadiu que “a ninguén lle debe sorprender que nun Estado de Dereito se aplique a lei”.
Durante o acto, Feijóo apelou así á política baseada na responsabilidade fronte ao populismo e á demagoxia. E lembrou que os grandes países, as grandes nacións e as grandes unións como Europa teñen a súa forza motriz na responsabilidade e a previsión de consecuencias. “Responsabilidade fronte a irresponsabilidade, fronte ao activista que se instala nas institucións, sen asumir ningunha consecuencia”, dixo, subliñando que tanto o brexit como o ataque á legalidade democrática que se está a vivir en Cataluña, son mostras de vixente actualidade.
Nesta mesma liña, salientou que nos tempos que corren os políticos, baseados na ética da responsabilidade, han de saber combinar a razón e o sentimento, “xa que o problema reside na excitación das paixóns co fin de suprimir do debate político toda argumentación sensata e racional”, precisou, subliñando que o populismo consiste basicamente niso.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico resaltou que a historia de Galicia resúmese na superación de valados e o tendido de pontes. “Primeiro fixémolo trasladando Galicia a América e ao corazón industrial de Europa, nas humildes maletas dos emigrantes. Foi aquel éxodo a primeira greta no valado”, dixo, se ben lembrou que o derribo definitivo do muro chegou coa democracia e o autogoberno.
"Responsabilidade fronte a irresponsabilidade, fronte ao activista que se instala nas institucións, sen asumir ningunha consecuencia”, di, e subliña que o brexit e o ataque á legalidade democrática en Cataluña, son mostras de vixente actualidade
Feijóo incidiu en que os galegos soubemos interpretar a nosa identidade dun xeito diferente a como o fixeron outros: “É a nosa unha identidade aperturista e inclusiva que busca síntese e non pon reparos a sumar outras identidades. Temos unha cobiza identitaria que nos permite sentirnos con igual intensidade galegos, españois e europeos. Non queremos renunciar a ningunha das facetas que configuran a nosa personalidade”, abundou.
Así mesmo, aseverou que o nacemento da autonomía supón a eclosión dese sentimento, grazas á coincidencia de dúas circunstancias: “Un pobo sabio e uns dirixentes guiados por iso que Xerardo Fernández Albor bautizou como sentidiño”.
O presidente da Xunta concluíu a súa intervención parafraseando ao ensaísta e politicólogo canadense, Michael Ignatieff, que remata o seu libro Fuego y cenizas cunha definición dos obxectivos do traballo político: “o reto está en cambiar o que debe cambiar e en protexer o que debe ser protexido, e en saber diferenciar entre ambos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180