Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 22 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda denuncia o "estado de abandono" do CRA San Xurxo

O Goberno Municipal "deixa ás nenas e ós nenos do CRA San Xurxo sen xogos, sen auga quente e sen lavabo adaptado" denuncia.

O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, "dando voz ó malestar que lle veñen trasladando os/as salcedenses, denuncia o estado de abandono no que se atopa o CRA San Xurxo".

 

“Segundo nos trasladan, o Goberno Municipal de Movemento Salceda retiraba o curso pasado as randeeiras (columpios) do colexio comprometéndose a sustituílas por unhas novas. En vista de que non se recibiron noticias por parte da Alcaldía, a dirección do CRA enviaba un escrito no que lembraba a necesidade de repor as randeeiras e solicitaba algunas melloras para o colexio, entre as que se atopaban o arranxo dun desperfecto no tobogán, o servizo de auga quente e a adaptación do lavabo existente para facilitar o seu uso ós cativos e ás cativas” explica Davila.

 

Continúa o popular “pois ben, o Alcalde non só non repuxo as randeeiras (columpios) que retirara, senon que fixo caso omiso ás peticións da dirección, decidindo retirar o único tobogán existente e deixando sen xogos ás nenas e ós nenos, sen auga quente e sen lavabo adaptado”.

 

 

 

 

O Alcalde adxudícase unhas melloras no comedor do CEP Altamira que foron pagadas –na maior parte- polos pais e polas nais socios da ANPA

 

 

 

 

“Outra evidencia da ausencia de fondos destinados á mellora e acondicionamento dos colexios salcedenses foi o acontecido no CEP Altamira: tanto o custe da rexa que pecha o perímetro do comedor do colexio coma o da pintura empregada para pintar o mesmo foron pagados pola ANPA (polas nais e pais dos/as nenos/as do colexio, socios da mesma) e non polo Concello. Namentres, ó Alcalde faltoulle tempo para adxudicarse a mellora arriba mencionada de cara á opinión pública (diferentes medios de comunicación social), unha mellora que non lle corresponde” explica Davila.

 

Remata o voceiro “hai que establecer prioridades nas que invertir os fondos públicos. Non pode ser que se gasten cantidades astronómicas en publicidade e que os/as nenos/as do CRA San Xurxo non teñan xogos nin servizo de auga quente, nin tampouco que teña que ser a ANPA a que asuma este tipo de custes nun edificio público”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.