MOS
Asombroso espectáculo de pompas de xabón no Centro Dotacional de Torroso
O Concello de Mos trae aos FABULOSOS CLEANERS dentro do programa Ocio en Familia.
A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro organiza unha nova actividade incluída dentro do programa Ocio en Familia que terá lugar o vindeiro domingo, día 24 de setembro, ás 19.00 horas no Centro Dotacional de Torroso con entrada de balde.
O espectáculo, a cargo de Malasombra producións, estará protagonizado por Xoque Carbajal e Jouse García e leva por título OS FABULOSOS CLEANERS.
OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia.
O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo.
Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.
O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85