MOS
180 quilómetros en bici nun día para sensibilizar sobre a enfermidade do Alzheimer
Daniel Fernández fixo parada en Mos, onde a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia xestiona o Centro de Día de Petelos.
![[Img #35257]](upload/img/periodico/img_35257.jpg)
O mozo Daniel Fernández, natural de Gondomar e de 26 anos de idade, fixo onte parada en Mos dentro do terceiro e último reto incluído no seu proxecto deste ano en colaboración con AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia.
O deportista, que estivo na localidade mosense acompañado pola concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, realizará hoxe en bicicleta, dentro do seu reto, 180 quilómetros polo sur da provincia de Pontevedra parando nos municipios onde a Asociación ten centro; tal e o caso de Mos co seu Centro de Día na antiga Casa Reitoral de Petelos.
Daniel Fernández emprendeu este proxecto da man de AFAGA porque a súa avoa morreu da enfermidade de Alzheimer. Este terceiro reto integrante do proxecto anual está a levalo a cabo hoxe en conmemoración do Día Mundial do Alzheimer que se celebrou onte, xoves 21 de setembro.
Fernández saliu de Vigo hoxe ás 09.30 horas do venres e o punto de finalización da ruta será tamén a cidade olívica, posto que o percorrido marcado é circular pasando por todas as localidades do sur de Pontevedra nas que AFAGA xestiona centros adicados a enfermos de Alzheimer e ás súas familias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85