NIGRÁN
Dous alumnos do ColexioChandebrito finalistas do concurso internacional de debuxo que organiza Aqualia
Alejandro Villar Martínez e Adriana Romero Velasco recibiron a semana pasada o premio de mans da tenente de alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago.
![[Img #35266]](upload/img/periodico/img_35266.jpg)
A teniente de Alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, e a xefa de Servizo de Aqualia, Marián Lago, fixeron entrega a semana pasada do premio internacional de debuxo infantil 'El ciclo del agua, una aventura para valientes' aos alumnos do Colexio Estudio de Chandebrito Alejandro Villar Martínez e Adriana Romero Velasco, ámbolos dous finalistas. Ao acto asistiron tamén os edís de Educación e Participación Cidadá.
'O ciclo da auga, unha aventura para valentes' foi o lema elixido por Aqualia para o lanzamento da XIV edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil. No certamen, organizado con motivo do Día Mundial da Auga, participaron escolares de 3º e 4º de Primaria dos colexios de España, Portugal, Italia e República Checa en cuxas poboacións está presente Aqualia. O obxectivo é implicar aos nenos, dun xeito divertido, no coñecemento da xestión do ciclo integral do auga a través dunha gran aventura digna dos máis valentes.
O concurso realizouse nunha contorna dixital a través do microsite www.elciclodelaguaparavalientes.es, onde se mergullaron nun conto que potenciou a súa motivación e diversión, tendo que superar varias probas ao longo da aventura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101