PONTEAREAS
EU esixe a revogación do peche do taller mecánico municipal
![[Img #35287]](upload/img/periodico/img_35287.jpg)
O concelleiro de EU-son en Ponteareas, Lino Costas, rexistrou unha moción destinada ao Pleno Municipal para esixir á Xunta de Goberno "a revogación da decisión do peche do taller mecánico e traslado do funcionario adscrito ao mesmo tomada na sesión do 27 de xullo de 2017".
Segundo Esquerada Unida "Dito peche fíxose efectivo o día 11 de setembro do mesmo ano, día no que o traballador foi destinado a un novo posto. Todo o proceso de peche do taller e de cambio de destino do funcionario adscrito ao mesmo foi totalmente irregular".
Costas explica que "esta decisión supón o peche dun servizo municipal e a privatización do mesmo, cuestión ésta que non é competencia da Xunta de Goberno, se non do Pleno, tal e como queda exposto no Artigo 22.f da Lei de Bases de Réxime Local, que establece que corresponde ao Pleno a aprobación das formas de xestión dos servizos e dos expedientes de municipalización”.
Por outra banda, sinala o concelleiro "o cambio de destino do funcionario auxiliar de mecánico adscrito ao parque móbil supón unha modificación do Persoal Laboral aprobado xunto co Orzamento de 2016, o que requiriría dos mesmos trámites que para a modificación do mesmo. Así mesmo, a Lei de Bases de Réxime Local establece que corresponde ao Pleno a aprobación e modificación dos orzamentos. Na mesma lei exponse que corresponde ao Pleno a aprobación do Persoal Laboral. Polo tanto, queda bastante claro que a decisión de traslado dun funcionario fora do departamento ao que está adscrito non é unha competencia da Xunta de Goberno Local, se non do Pleno, polo que a decisión tomada de trasladar ao funcionario adscrito ao taller municipal é totalmente irregular".
Ademais di que "o peche do taller fíxose efectivo o 11 de setembro antes do acordo definitivo para facelo. Así, esta decisión tomouse pola Xunta de Goberno o 27 de xullo, dando un prazo de dez días ao funcionario para presentar alegacións, cousa que fixo. Unha vez pasado este prazo, a Xunta de Goberno tería un mes para contestar á alegación presentada e para proceder ao acordo definitivo do peche. Acordo que a día de hoxe non se produciu o que ven a aumentar as irregularidades desta decisión".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191