PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra aproba o seu primeiro regulamento de linguaxe inclusiva
![[Img #35347]](upload/img/periodico/img_35347.jpg)
O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou o pasado día 22 por unanimidade o primeiro regulamento de linguaxe inclusiva da institución provincial. A normativa, que contou co apoio de todos os grupos que conforman a corporación, ten por obxectivo a eliminación da linguaxe sexista e discriminatoria das comunicacións oficiais realizadas pola administración provincial e será de obrigado cumprimento para todos os seus órganos, servizos e departamentos así como para as traballadoras e traballadores desta administración, tanto nas actuacións internas como externas.
A normativa fai referencia tanto á linguaxe escrita e oral como tamén á iconográfica afectará tamén aos estudos, proxectos, programas e traballos que a Deputación de Pontevedra lles encargue a terceiras persoas, entidades ou empresas, que deberán realizarse atendendo ás recomendacións sobre o uso inclusivo da linguaxe escrita e iconográfica contidas neste regulamento, un requisito que será explicitamente recollido nas convocatorias ou solicitudes dos mencionados traballos. Veranse igualmente afectados os contratos de prestación de servizos asinados pola Deputación con entidades privadas, que conterán unha cláusula na que se comprometan expresamente a respectar as normas que dispón este regulamento en materia de comunicación inclusiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191