SALCEDA DE CASELAS
A Xunta supervisa o avance das obras de saneamento
Esta actuación conta cun orzamento de preto de 135.000 euros cofinanciada nun 75% a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
![[Img #35397]](upload/img/periodico/img_35397.jpg)
A Xunta, a través de Augas de Galicia, está a executar desde o pasado mes de xullo as obras de saneamento nos concellos integrantes do Consorcio da auga do Louro, Ramal de Arrotea, no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas. Unha actuación que conta cun orzamento de 134.466,84 euros, cofinanciada nun 75% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Esta intervención se enmarca no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e contempla a execución de dous ramais (AR-1 e AR-2) que permitirán conectar á rede as vivendas en Arrotea, na parroquia de Picoña no devandito termo municipal. Os avances dos traballos comprobounos esta semana o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quen acompañado polo encargado da obra da empresa Viaqua, a cargo da execución das obras de saneamento que arrancaron o pasado 29 de agosto.
No último informe remitido pola inspección da obra, con data do 21 de setembro, constatouse que o ramal AR-2 estaba executado na súa totalidade. En paralelo os traballos de reposición do firme avanzan a bo ritmo, así como as primeiras acometidas desde as vivendas que aceptaron a conexión á rede de colectores.
En canto ao ramal AR-1 encóntranse rematados os traballos entre os pozos 1 e 15 e entre o 16 e 19, e executada a conexión entre os pozos 15 e 16, quedando pendentes soamente as obras nestes dous últimos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85