Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 27 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
DESAFÍO INDPENDENTISTA EN CATALUÑA
Manifestación en Santiago en apoio ao referendo ilegal catalán
Este sábado, 30 de setembro, a Plataforma Galiza con Catalunya, conformada por diversas organizacións políticas, sociais, sindicais e culturais galegas, convoca unha manifestación nacional en Compostela con saída ás 12h da Alameda baixo o lema "Democracia é decidir".
A Plataforma asegura que "ten como obxectivo mostrar o apoio desde Galiza ao proceso democrático catalán materializado nun referendo que o Estado español considera ilegal e pretende prohibir pola vía da forza policial, da persecución xudicial dos seus promotores e da suspensión da autonomía catalá pola porta de atrás, valéndose de subterfuxios para tentar controlar o goberno de Catalunya. Aínda sen recorrer formalmente ao artigo 155 da constitución española, que suspendería de iure a autonomía, os últimos pasos dados polo goberno de Madrid suspenden de facto as institucións de autogoberno catalás por apoiaren e daren forma á vontade maioritaria do pobo de Catalunya que nas últimas eleccións autonómicas votou conscientemente opcións políticas que tiñan claramente explicitado no seu programa a celebración dun referendo de autodeterminación".
Nun comunicado sinalan que "a imputación de máis de setecentos alcaldes e alcaldesas, as detencións de cargos eleitos, o envío masivo de efectivos de corpos policiais e a máis que previsible radicalización de todo este programa represivo con tal de impedir que a xente se exprese libremente nunhas urnas xa non causa perplexidade. Ao contrario, o que fai é confirmar o radicalismo antidemocrático do Estado".
Explican que "desde a Plataforma Galiza con Catalunya animamos a todo o pobo galego a participar nesta mobilización cívica contra ese estado prepotente que nega o dereito internacional básico e a favor dun xornada de votación normalizada, tranquila e libre". Ademáis animan "tamén toda a comunidade galega emigrada en Catalunya a dar un Si á proclamación dunha República Catalá independente".
Forman parte da Plataforma Galiza con Catalunya as seguintes organizacións:
Anova-Irmandade Nacionalista
Agora Galiza
Asociación Cultural Arrulique de Vigo
Bloque Nacionalista Galego
Briga
Causa Galiza
Ceivar
Centro Social A Galleira de Ourense
Centro Social A Gentalha do Pichel
Centro Social Gomes Gaioso de Corunha
Centro Social O Fuscalho de Tui
Centro Social Revolta de Vigo
Centro Social Xebra de Burela
Colectivo Nacionalista de Marín
Colectivo Terra de Pontedeume
Confederación Intersindical Galega
Corrente Vermelha
Erguer. Estudantes da Galiza
Fronte Popular Galega
Federación Rural Galega
Fundaçom Artábria
Galiza Nova
Isca!
LiGanDo
Local Social Faísca de Vigo
Mar de Lumes
Movemento Galego ao Socialismo
Mulheres Nacionalistas Galegas
Partido Comunista do Povo Galego
Sindicato Labrego Galego
![[Img #35412]](upload/img/periodico/img_35412.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208