PROVINCIA
Medio Ambiente propón sancións de 930.000 eurosa ás navieiras por incumprir o cupo a Cíes
As sancións refírense ás irregularidades e incumprimentos de cupo rexistrados os días 3, 5 e 19 de agosto no acceso ás illas Cíes.
![[Img #35443]](upload/img/periodico/img_35443.jpg)
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de resolver a proposta de sanción a catro navieiras por un importe de 930.000 euros. A sanción fai referencia ás irregularidades e incumprimentos de cupo detectados os días 3, 5 e 19 de agosto na entrada ás illas Cíes.
A Consellería de Medio Ambiente iniciou a incoación de dez expedientes o pasado 28 de agosto, tras as denuncias formuladas polo servizo de gardaría do Parque Nacional das Illas Atlánticas ao detectar excesos a través dos sistemas de control.
A partir desa data, as empresas denunciadas dispoñían dun prazo de 15 días para presentar alegacións á proposta de inicio de sanción emitida pola Xunta. Unha vez recibidas as mesmas, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural procedeu a resolver a proposta de sanción por un importe de 930.000 euros.
Desde o departamento de Medio Ambiente tipifícanse como infraccións graves ao entender que existiu risco potencial para a preservación dos valores naturais e para a seguridade das persoas
Os criterios que a Consellería de Medio Ambiente sopesou para determinar o importe das multas ás navieiras foron os seguintes: o potencial dano aos valores medio ambientais, a porcentaxe de pasaxeiros non autorizados, así como o volume total dos mesmos, a reincidencia e o beneficio ilícito, tal como establece a Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade.
En función do grao de incumprimento en base aos criterios anteriormente citados determinouse a sanción a cada unha das navieiras denunciadas, que, nos casos máis graves, como Mar de Ons se traduciu nun exceso de máis dun 300% sobre o número de pasaxeiros autorizados os días 5 e 19 de agosto; mentres que na navieira Illa de Ons se superou nun 288% o número de billetes autorizados día 5 de agosto. Na táboa axunta indícanse a proposta de sanción global por navieira:
Navieira
Proposta de sanción
Mar de Ons, SL
600.000 euros
Illa de Ons, SL
250.000 euros
Tour Rías Baixas, SL
40.000 euros
Cruceiro Rías Baixas, SL
40.000 euros
Os incumprimentos denunciados refírense á superación da carga máxima diaria de visitantes no Arquipélago de Cíes (2.000 en transporte regular, máis 200 en visitas organizadas e 800 prazas máximo no camping). Durante o procedemento comprobouse e constatouse que o sistema de central de reservas funcionou con total normalidade, tal e como demostra o certificado de actividade emitido pola Amtega; polo que en ningún caso fallou o sistema de compra de billetes, cuestión que alegan as empresas.
Cómpre lembrar que dada a gravidade dos feitos, a Xunta interpuxo unha denuncia ante a Fiscalía por si estas actuacións foran, ademais de obxecto de sanción, constitutivas de infracción penal por falsificación de documentos e estafa á cidadanía.

|
Navieira |
Proposta de sanción |
|
Mar de Ons, SL |
600.000 euros |
|
Illa de Ons, SL |
250.000 euros |
|
Tour Rías Baixas, SL |
40.000 euros |
|
Cruceiro Rías Baixas, SL |
40.000 euros |
Os incumprimentos denunciados refírense á superación da carga máxima diaria de visitantes no Arquipélago de Cíes (2.000 en transporte regular, máis 200 en visitas organizadas e 800 prazas máximo no camping). Durante o procedemento comprobouse e constatouse que o sistema de central de reservas funcionou con total normalidade, tal e como demostra o certificado de actividade emitido pola Amtega; polo que en ningún caso fallou o sistema de compra de billetes, cuestión que alegan as empresas.
Cómpre lembrar que dada a gravidade dos feitos, a Xunta interpuxo unha denuncia ante a Fiscalía por si estas actuacións foran, ademais de obxecto de sanción, constitutivas de infracción penal por falsificación de documentos e estafa á cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191