GALICIA
A Xunta participa na reunión da Comisión asesora de Publicidade non sexista que recibiu xa 53 denuncias
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu recentemente a xuntanza da que forman parte a CRTG, Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Axencias de Publicidade e varios organismos do goberno galego.
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu recentemente a xuntanza da Comisión de Publicidade non sexista onde se informou que dita Comisión recibiu 53 denuncias dende a súa constitución.
Forman parte da Comisión, a Compañía de Radio Televisión de Galicia, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Axencias de Publicidade e varios organismos do goberno galego. No que levamos de ano a Comisión Asesora de Publicidade non Sexista recibiu 14 denuncias, na súa maioria relacionadas con carteis e anuncios con connotacións sexistas, sendo algunhas delas trasladadas ao Observatorio da Imaxe da Muller dependente do Instituto da Muller e instando en case todos os caso á retirada inmediata da publicidade.
Ten como obxectivo asesorar e orientar ás entidades, asociacións, axentes publicitarios para eliminar o sexismo nas mensaxes publicitarias
A constitución da Comisión Asesora da Publicidade Non Sexista, no seo do Observatorio Galego da Violencia de Xénero , tivo lugar o 20 de novembro de 2014 e, ten como obxectivo asesorar e orientar ás entidades, asociacións, axentes publicitarios que o requiran, ofrecendo criterios para eliminar o sexismo nas mensaxes publicitarias e incorporar accións positivas que cooperen á erradicación de todo tipo de discriminación por razón do sexo das persoas.
Cabe lembrar que lembrar que a Secretaría Xeral da Igualdade elaborou e editou en decembro de 2016 un díptico informativo con Indicacións para detectar o sexismo na publicidade, no que se recollen as funcións da Comisión Asesora de Publicidade Non Sexista, información sobre como realizar unha denuncia de publicidade sexista, indicacións para detectar o sexismo na publicidade e propostas de modelos publicitarios non sexistas, e que foi distribuído este ano 2017. En total, imprimíronse 10.000 exemplares e distribuíuse nos concellos, medios de comunicación, axencias de publicidade e centros de información á muller (CIM).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213