GALICIA
Galicia supera por primeira vez os 50.000 dependentes atendidos
Na actualidade, a Xunta presta servizo a 50.302 persoas que teñen algún grao de dependencia recoñecido, segundo o último informe do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu onte en sede parlamentaria para dar conta da situación da atención á dependencia na comunidade e destacou que Galicia supera por primeira vez as 50.000 persoas que reciben prestación por parte da Xunta. Segundo datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade correspondentes a 31 de agosto de 2017, un total de 50.302 persoas reciben prestación o que supón un incremento de 1.353 beneficiarios e eleva a taxa de cobertura do sistema ata o 75,8%.
Ademais, o conselleiro avanzou que co reforzamento dos servizos de axuda no fogar e libranzas aprobados nos Consellos da Xunta en agosto e neste mes de setembro a cifra de dependentes atendidos seguirá a crecer nos vindeiros meses ata acadar os 55.000. De tal xeito que a previsión é que no primeiro trimestre de 2018 a ratio de atención en Galicia se sitúe no 82,56%, oito puntos por riba da media de España que é do 74%.
Así as cousas, a situación actual da dependencia dista moito da que existía en 2009, con soamente 14.000 atendidos e 46.000 persoas agardando por un servizo. “Galicia está hoxe moito mellor que fai oito anos e continuarmos traballando para dar cumprimento canto antes ao obxectivo que nos fixamos ao principio do actual mandato: chegar ás 60.000 persoas dependentes atendidas en 2020”, manifestou Rey Varela.
Este incremento da cobertura é posible co reforzamento dos servizos de axuda no fogar e de libranzas aprobados nos Consellos da Xunta de Galicia dos meses de agosto e setembro
Nesta liña, o titular de Política Social puxo en valor o despregue do sistema de atención á dependencia levado a cabo pola Xunta, facendo fincapé no reforzo do Servizo de Axuda no Fogar ao ampliar en 1,2 millóns as horas dispoñibles para os concellos e que supón na práctica eliminar a lista de agarda para esta prestación, así como na concesión de 3.000 novas libranzas, tanto vinculadas a un servizo profesional como a coidados no contorno familiar, que permitirá chegar nas vindeiras semanas aos 20.700 beneficiarios. Asemade, destacou a consolidación da rede pública de de centros de día e residencias, cunha oferta de preto de 15.000 prazas; así como dos servizos de teleasistencia e promoción da autonomía que benefician a máis de 7.000 persoas.
Melloras no sistema e financiamento
Na súa intervención, Rey Varela referiuse aos medios e ferramentas tecnolóxicas coas que se foi dotando ao sistema de dependencia para adecualo a unha administración moderna e eficaz. En concreto, avanzou que grazas a colaboración aberta entre as Consellerías de Política Social, Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) en datas próximas se incorporarán profesionais sanitarios aos procesos de valoración, co obxectivo de axilizar os tempos de resposta.
O responsable da área social do Goberno galego explicou que o reforzamento que está a experimentar o sistema de dependencia obedece ao maior investimento que a Administración autonómica destina, ano tras ano, a esta área. Así, en 2017 o orzamento do departamento de maiores e persoas con dependencia ascende a 375,6 millóns de euros, o que representa un 75% máis con respecto ao exercicio de 2009.
Asemade, Rey Varela expuxo a necesidade de que o esforzo económico das contas públicas de Galicia en materia de dependencia vaia acompañado dun maior apoio por parte da Administración Xeral do Estado. “A mellora do financiamento do sistema é unha das demandas na que máis fincapé fixo sempre o executivo autonómico”, lembrou. Ao respecto, subliñou a participación de Galicia como comunidade integrante do grupo de traballo que durante sete meses ocupouse de avaliar a situación do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia e como resultado do cal “hoxe ábrense novas oportunidades no que atinxe á participación do Estado na financiamento da dependencia e a na reforma da lei que a regula”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213