Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 30 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Consorcio Casco Vello de Vigo suma o seu sexto edificio na fachada do Berbés

O comité executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo autorizou a compra do inmoble, o número 7 da fronte marítima, distribuído en planta baixa e tres pisos.

[Img #35451]

 

O comité executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello, autorizou na súa reunión desta semana a compra dun novo edificio na Ribeira do Berbés, concretamente no número 7. Unha operación de 255.000 euros, que se encadra no obxectivo irrenunciable do ente rehabilitador de recuperar a fronte marítima, e que supón a adquisición do sexto inmoble nesta zona do barrio histórico vigués, cunha inversión en conxunto que supera os 1,7 millóns de euros.

 

En moi mal estado de conservación, a superficie total deste inmoble na actualidade é de 544 metros cadrados, distribuídos en planta baixa comercial e tres pisos destinados a vivenda. Asentado sobre  unha parcela de 126,83 metros cadrados con fachada á citada praza do Berbés, conserva o característico soportal das vivendas do Berbés, cun arco portante de medio punto.   

 

De acordo coa súa ficha do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello (PEPRI) conta cun nivel de interese arquitectónico medio, de interese histórico alto e de interese urbanístico moi alto. O mesmo documento establece como  elementos a conservar as fachadas de pedra da construción orixinal así como a necesidade de restituír distintos elementos que foron suprimidos nas reformas ás que se viu sometido. Este é o caso das carpinterías exteriores de madeira.

 

Así o confirmou o delegado da Xunta en Vigo e presidente do CCVV, quen indicou que os futuros usos deste edificio están aínda por definir. Neste senso, Ignacio López-Chaves fixo fincapé no compromiso adquirido no seu día polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cara á recuperación e dinamización da fronte marítima do Casco Vello de Vigo, e trala importante intervención que ten feito ata o de agora o ente rehabilitador na parte alta.

 

 

 

 

Esta operación, por 255.000 euros, súmase á recente adquisición de Ribeira do Berbés 41, ao número 5 e aos tres edificios que acollerán a sede da Universidade

 

 

 

 

Segundo dixo, atendendo unicamente á Ribeira do Berbés, o Consorcio Casco Vello de Vigo leva investidos máis de 1,7 millóns de euros na compra de seis edificios, tres deles cedidos á Universidade de Vigo. Cifra que López-Chaves elevou por encima dos 3 millóns de euros ao incluír nela os 1,5 millóns que a maiores aportará a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a construción da que será a sede da institución académica no barrio histórico.   

 

A compra de Ribeira do Berbés número 7, súmase a outras cinco realizadas polo CCVV na mesma praza. Trátanse en concreto dos edificios situados nos números 11, 13 e 15, nos que se instalará proximamente a sede da Universidade de Vigo; o localizado no número 5, que foi adquirido en 2016; e o situado no número 41, cuxa adquisición se produciu o pasado 7 de setembro. A rehabilitación deste último está previsto que comece ao longo de 2018.

 

Labor do CCVV
Nestes doce anos, o Consorcio Casco Vello adquiriu 69 inmobles situados dentro dos límites do seu ámbito de actuación, fixados polo PEPRI Casco Vello. Deles 46 están xa totalmente rehabilitados, 7 foron transferidos a outros organismos, 4 están en proceso de construción, 5 en proxecto e tan só en sete deles, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron aínda os labores de rehabilitación.

 

O consorcio promoveu 108 vivendas, das que 83 xa foron vendidas e outras 15 están en distinta fase de execución.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.