GALICIA
O Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias nomea novo xerente a Marcos Araújo Pereira
O ata o de agora xefe do parque de bombeiros do Porriño ten unha ampla experiencia no sector das emerxencias.
O Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) nomeou hoxe a Marcos Araújo Pereira como novo xerente. Araújo ten unha ampla experiencia no sector das emerxencias e ata o de agora era o xefe de servizo do parque de bombeiros do Porriño.
Nado no ano 1974, é enxeñeiro técnico forestal e posúe dos masters: un como técnico superior en Prevención de Riscos Laborais e outro en dirección e xestión de empresas. Ademais, ten unha extensa formación complementaria con cursos relacionados coa loita contra incendios forestais, urbanos e industriais, salvamento, superviviencia, rescates acuáticos ou xestión de emerxencias.
Na súa dilatada experiencia profesional destaca a súa etapa bombeiro no grupo de intervención rápida da Mancomunidade de municipios do Val Miñor, e como director do centro de formación en Seganosa, un centro de formación de referencia para servizos de emerxencia en toda a península Ibérica. A súa última responsabilidade era como xefe de servizo do parque de bombeiros no Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213