Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 02 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos ofrece unha xornada sobre o desenvolvemento do solo empresarial no PXOM recentemente aprobado

O encontro que clausurará o concelleiro Francisco Conde ten xa aberto o seu prazo de inscrición e conta cun aforo limitado a 200 participantes.

Dende a concellería de Urbanismo do Concello de Mos infórmase da vindeira celebración dunha Xornada Informativa sobre o Plan Xeral que terá lugar o xoves 5 de outubro no Pazo de Mos.


A xornada vai dirixida a todos/as os/as empresarios/as que queiran asistir a este encontro que levará por título ‘PLAN XERAL DE MOS: UNHA FERRAMENTA SEGURA PARA O DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL’ e dará comezo ás 18.00 horas da tarde.


Durante a dúas hora de duración da xornada, técnicos de Urbanismo do Concello de Mos, xunto a responsables de Xestur e da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), expoñerán detalladamente e motivados pola recente aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos, a distribución de chan produtivo no territorio, a súa clasificación con respecto ao uso empresarial, así como os estímulos promovidos desde a administración local para motivar a implantación de novas empresas no municipio.


De igual forma, informarase sobre o chan dispoñible no Parque Empresarial de Mos (PEMOS), así como as bonificacións vixentes e a proposta de construción de naves modulares promovida pola Asociación de Empresarios de Mos, para facilitar o acceso ao chan industrial da pequena empresa.


Clausurarán o encontro, de marcado carácter empresarial e que contará co apoio e a presenza do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), D. Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria e Dna. Nidia Arévalo, alcaldesa do Concello de Mos.


Ao finalizar departirase entre tódolos presentes para favorecer a interacción, consulta e relación entre autoridades, técnicos e empresarios asistentes.


Os interesados en asistir á devandita xornada deben poñerse en contacto canto antes co departamento de Urbanismo do Concello de Mos, a través do teléfono 986 331 402 ou o e-mail: urbanismo@concellomos.es xa que o aforo do encontro está limitado a 200 participantes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.