GALICIA
Galicia, por quinto ano consecutivo, volve bater recórds de visitantes e pernoitas
Núñez Feijóo destaca o incremento dun 2,3% no número de viaxeiros aloxados en hoteis e establecementos regrados e o incremento dun 5% das pernoitas, con máis de 7,6 millóns de noites.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valoraba recentemente os últimos datos turísticos durante os oito primeiros meses de 2017, que confirman que Galicia, por quinto ano consecutivo, volve bater recórds de visitantes e pernoitas. Máis polo miúdo, e segundo as cifras facilitadas polo INE, Feijóo destacou o incremento dun 2,3% no número de viaxeiros aloxados en hoteis e establecementos regrados e o incremento dun 5% das pernoitas, con máis de 7,6 millóns de noites.
Así mesmo, resaltou que o número de viaxeiros internacionais se incrementou 3 puntos máis que o turismo nacional, un 7% fronte á suba do 4% nos turistas nacionais.
A semana pasada, durante o acto conmemorativo do 50 aniversario do Parador Nacional de Verín, Feijóo avogou por converter o turismo tranquilo no sinal de identidade que mostre ao mundo a riqueza cultural e paisaxística de Galicia. Nesta liña, referiuse a Verín como un exemplo dese modelo de turismo, que recolle a tradición xacobea, configurándose como un cruzamento de camiños ao acoller a ruta portuguesa e unha das variantes da Vía da Prata, e onde os visitantes poden optar polo turismo de saúde, desfrutando das augas termais que fan famosa Ourense en toda Europa. Non en van, nesta zona está a maior concentración de augas mineromedicinais de Galicia.
Refírese a Verín como un exemplo do modelo do turismo tranquilo, ao acoller a tradición xacobea, e onde os visitantes poden optar polo turismo de saúde, desfrutando do termalismo
E destacou o máxico triángulo dos entroidos que forman Verín, Laza e Xinzo, así como o patrimonio paisaxístico e cultural, reflectido no Castelo de Monterrei.
Ao longo do acto, o presidente do Goberno galego afirmou que todos estes ingredientes dan como resultado un destino ideal para ese turismo tranquilo sustentable, que fuxe da estacionalidade e que xera emprego de calidade.
Feijóo lembrou que este é un dos obxectivos da Estratexia do turismo de Galicia 2020 que, dotada con 240 millóns de euros, aspira a incrementar o número de turistas e a ocupación hoteleira; o auxe do turismo estranxeiro, ata representar un terzo do total; e elevar o grao de ocupación media no turismo rural.
O titular da Xunta concluíu destacando a consolidación do parador de Verín, que coa Fortaleza de Monterrei como reclamo turístico, patrimonial e cultural, se sitúa dentro da Rede de Paradores de Históricos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213