O PORRIÑO
O PP solicita que se restablezan as liñas de transporte no Porriño
Explican que "o Goberno Municipal do Porriño non presentou alegacións ao novo Plan de Transporte, sendo corresponsable, por tanto, das deficiencias do mesmo".
Ante as numerosas queixas de veciños e veciñas, que acusan a redución de frecuencias, a eliminación de liñas e os atrasos nos horarios do servizo de transporte público, a Xunta de Portavoces analizou a pasada semana a situación que se está a dar no municipio coa implantación do novo Plan de Transporte de Galicia. Na mesma, os populares transmitiron a necesidade de "reclamar á Xunta de Galicia que se restablezcan as liñas e frecuencias afectadas de xeito que os veciños e veciñas das parroquias porriñesas non vexan mermado o servizo de transporte público".
Ademais, o grupo municipal do Partido Popular insistiu "na necesidade de solicitar á Consellería de Infraestruturas a información precisa acerca das liñas actualmente existentes, paradas e horarios para, á vista destos datos, poder concretar reclamar debidamente ante a administración autonómica que cubra as necesidades existentes no noso termo municipal, xestión que o Concello do Porriño non tivo a ben levar a cabo".
Sorprende aos populares "o uso que o Goberno Municipal do Porriño pretende facer de esta cuestión, desatendendo as peticións deste grupo e eludindo a súa resposabilidade, cando o certo é, que o Concello do Porriño amosou unha absoluta despreocupación neste senso durante o proceso de elboración do Plan. O goberno de Eva García nin se quera cubriu o formulario enviado pola consellería avaliando de maneira previa a implantación do Plan de Transporte no Municipio. Unha vez definido o documento o Concello do Porriño non presentou ninguha alegación ao novo Plan de Transporte, sendo co-responsable, por tanto, das deficiencias do mesmo".
Os populares solicitaron a información sobre as liñas e frecuencias afectadas e que se informe aos veciños debidamente sobre os novos horarios e paradas
Pola contra, dende o grupo municipal do Partido Popular aseguran que estanse "a levar a cabo as xestións precisas para resolver as dificultades xeradas co novo Plan". Os populares aseguran que "non limitan a súa obriga a enviar comunicados de prensa e, como debía ter feito o Goberno Municipal, iniciaron as xestións precisas para dar solución á problemática do transporte no Porriño atendendo, en primer lugar, á falta de información dos veciños e veciñas sobre horarios e paradas".
Por último dín que "unha vez máis é a oposición quen ten que levar a cabo as responsabilidades do goberno de Eva García, que, como acostumbra, en lugar de facer as xestións que lle corresponden para defender os intereses dos veciños, limitase a deixar pasar o tempo e eludir responsabilidades".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184