O PORRIÑO
O Goberno local porá en marcha as medidas para eliminar as barreiras sensoriais nos edificios municipais
![[Img #35511]](upload/img/periodico/img_35511.jpg)
A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Soledad Girón, mantiveron unha xuntanza con responsábeis de ACEESCA e distintos especialistas co obxectivo de impulsar dende o Goberno local do Porriño un proxecto que permita eliminar as barreiras sensoriais que impiden o acceso á información a través dos sentidos ou as barreiras cognitivas, que impiden a comprensión do entorno e os seus elementos,e facer os edificios municipais, accesíbeis ás persoas con discapacidade intelectual.
A xuntanza, e o feito de expor este obxectivo coincide con varias datas sinaladas: o Día Internacional da Accesibilidade Cognitiva, e a celebración os vindeiros días 19 e 20 de outubro, do Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva que baixo o lema ”Queremos comprender o mundo”, xuntará en Cáceres a 400 persoas procedentes de España, Europa e os Estados Unidos que debaterán sobre cómo garantir a igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Soledad Girón subliña que “para unha persoa con discapacidade intelectual, frecuentemente os iconos resultan moi confuso”, ás veces é case imposible vendo os símbolos saber cal é o baño para cada sexo ou, se usan aparatos auditivos, entender o que se fala debido a posibles interferencias que poden eliminarse doadamente instalando un aparello que as neutralice.
"As dificultades de accesibilidade na discapacidade intelectual é moi pouco coñecida e unha grande esquecida porque habitualmente pensamos nas barreiras físicas”, indica a alcaldesa quen asumiu o compromiso de manter xuntanzas periódicas para por en marcha ideas que eliminen estas barreiras e faciliten a accesibilidade e a poñer en marcha, nos inmobles municipais, medidas que eliminen as barreiras que se atopan as persoas con discapacidade intelectual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184