Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 03 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Os concelleiros de Medio Ambiente e Sanidade comparecerán no pleno

A petición de comparecencia foi realizada por NIGRÁN DECIDE e apoiada por unanimidade.

Os concelleiros de Medio Ambiente e Sanidade do goberno municipal de Nigrán teñen que comparecer ante o próximo pleno para dar conta das súas actuacións relacionadas coa contaminación no litoral de Nigrán.

 

Este verán houbo episodios de contaminación microbiolóxica nas praias de Nigrán e non se sinalizou a prohibición de baño poñéndose en risco a saúde dos bañistas, polo que o grupo municipal de NIGRÁN DECIDE pediu a comparecencia dos Concelleiros de Sanidade e de Medio Ambiente para que dean explicacións por poñer en risco a saúde da veciñanza, así como das medidas que se están a tomar para preservar o medio ambiente no litoral.

 

"Con esta petición pretendemos que o goberno tome en serio a saúde da veciñanza, así como a loita contra a contaminación do noso litoral, sinala José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE, pois, aínda que con toda probabilidade ao Concelleiro de Sanidade non se lle estea informando das situacións puntuais de contaminación que se producen, vai ser quen tería que responder nos xulgados en caso de que o risco para a saúde se materializase" sinalan.

 

Con relación á petición de comparecencia do Concelleiro de Medio Ambiente, o grupo municipal de NIGRÁN DECIDE, pretende "coñecer as medidas adoptadas polo concello para controlar os vertidos que se producen no noso litoral e están contempladas no Plan de vertidos aprobado polo pleno do Concello de Nigrán o pasado mes de novembro de 2016", finaliza Cuevas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.