Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 03 de Octubre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Goberno local do Porriño rexeita "as falsidades do PP local sobre o Plan de Transporte da Xunta"

O Goberno local do Porriño quere rexeitar, de plano, as afirmacións do Grupo Municipal do Partido Popular sobre o novo Plan de Transporte da Xunta de Galicia e as "falsidades, manifestamente comprobábeis, nas que incorre o PP local".


"Falta completamente á verdade ao afirmar que o Goberno local amosou unha absoluta despreocupación” por este problema, coma di o Partido Popular, de feito, o 27 de xuño deste ano, a alcaldesa, Eva García de la Torre, explica que asinou, xunto cos alcaldes de Covelo, Mondariz Balneario, Mondariz, Ponteareas, Salceda e As Neves, un documento remitido á Dirección Xeral de Mobilidade- dependente da Consellería de Infraestruturas, na que alerta sobre as “consecuencias que terá a proposta da consellería nos usuarios do transporte público de viaxeiros”.


O Goberno local di que non pode "comprender o cinismo do Partido Popular do Porriño que nunha nota enviada aos medios de comunicación afirma que solicita que se restablezan as liñas e frecuencias afectadas coa implantación do novo Plan de Transporte no Porriño”: no mesmo documento do pasado mes de xuño, os alcaldes, entre outras propostas, piden á Consellería que “se manteñan os servizos de liña regular existentes ata que non exista un sistema alternativo eficiente de transporte público”.


No devandito documento, pídese á Xunta que o transporte chegue ás parroquias, que non se exclúa a sectores da poboación por idades ou que se leve a cabo unha reorganización horaria dos servizos.


Así mesmo, tamén sinalan que "é falso, como asegura o Partido Popular do Porriño, que o Goberno local nin se quera cubriu o formulario enviado pola consellería avaliando de maneira previa a implantación do Plan de Transporte no Municipio”.  "A Consellería de Infraestruturas, á fronte da cal está unha responsable do PP, desminte ao seu propio partido no Porriño: o cuestionario respostouse o día 7 de febreiro deste mesmo ano, hai preto de 8 meses" aseguran.


"O PP local non se axusta á verdade nin no que se refire á Xunta de Voceiros do Concello: logo desta xuntanza, o 20 de setembro remitiuse, dende a  Alcaldía, vía email, ao voceiro municipal do Partido Popular un borrador da nota de prensa proposta no nome de todos os grupos da Corporación, e a resposta do voceiro popular, o día 22 de setembro foi :'antes de enviar el comunicado de prensa, debemos solicitar a la Consellería de Infraestruturas la información necesaria acerca de las líneas actualmente existentes, paradas y horarios. Una vez conocidos estos datos, y si efectivamente no se cubren los servicios, entonces procederemos a enviar el comunicado conjunto y a reclamar a la Xunta que cubra las necesidades existentes en nuestro término municipal'”. sinalan dende o Concello


Para o Goberno local sorprende que o PP diga que pedirá na Xunta de Voceiros que se “restablezan as liñas e frecuencias afectadas, de xeito que os veciños e veciñas das parroquias porriñesas non vexan mermado o servizo de transporte público” e que, ao mesmo tempo, afirme que non as coñece e que ten que pedir á Consellería de Infraestruturas que concrete cales son esas liñas e frecuencias.


"Coma é posible que Partido Popular do Porriño estea a pedir que se recuperasen unhas liñas,  uns horarios  e uns percorridos que descoñecía?" pregúntanse


"Simplemente: non é posible porque o PP do Porriño o primeiro no que pensou foi nos intereses da conselleira e nos do seu partido non nos das veciñas e veciños, que ata hoxe presentaron no Concello, vía correo ordinario, correo electrónico, no Rexistro Municipal, en persoa ou por medio das redes sociais, ducias de queixas e reclamacións polos problemas, en moitos casos moi graves-coma falla de conexións, de liñas ou de autobuses que os deixen no seu traballo, nos seus centros de estudos ou no médico á hora necesaria- que están a padecer por dos cambios no transporte" dín.


Por último, no comunicado emitido dende o Concello do Porriño explican que "o Partido Popular do Porriño afirma que está a 'levar a cabo as xestións precisas para resolver as dificultades xeradas co novo Plan', Plan aprobado pola Xunta de Galicia, dirixida polo Partido Popular, e asegura que iniciou 'as xestións precisas para dar solución á problemática do transporte no Porriño': se cadra froito desas xestións debe de ser a negativa da conselleira de Infraestruturas a recibir á alcaldesa, Eva García de la Torre, coma pedirá a rexedora nunha carta urxente, á que deriva ao  Xefe Territorial da Consellería de Infraestruturas en Pontevedra" conclúen.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.