O PORRIÑO
ACIPOR crea unha Plataforma dixital de ofertas cruzadas entre establecementos porriñeses
A Asociación de Comerciantes do Porriño inauguraba onte martes día 3 de Outubro unha novedosa e punteira maneira de atraer clientes a través dunha plataforma de ofertas cruzadas entre establecementos asociados.
De momento xa son 41 os establecementos adheridos e se agarda que este número medre. Os comercios participantes pertencen a sectores tan variados como: Ópticas, alimentación, confección, zapatería, confección infantil, automóviles, zapatería infantil, electrodomésticos, informática, área de xogo infantil, herboristería, clínica dental, deportes, bolsos e complementos, librerías, xogueterías...
A través desta aplicación, denominada Oferlink, os consumidores poderán beneficiarse de diferentes ofertas se mercan en diferentes comercios asociados a través de cupóns electrónicos a través do móvil. Para elo, os consumidores deberán comprar en tendas adheridas ao centro comercial aberto Morea do Porriño e indicar ao comerciante que quere recibir o seu cupón-oferta. Por cada compra, os clientes recibirán vía SMS os cupóns de oferta que poderán canxear noutra tenda da mesma zona. Deste xeito, canto máis se compre, máis ofertas-cupón reciben os consumidores/as.
Trátase por tanto de introducir un novidoso sistema de ofertas cruzadas que permite premiar a fidelidade dos consumidores. “Queremos que os compradores e consumidores que veñan a O Porriño se beneficien non só dun comercio de calidade, senón que volten a mercar porque lles saia máis rentable grazas a estas ofertas e cupóns-desconto- afirman dende ACIPOR”
Os interesados en beneficiarse desta aplicación non teñen máis que achegarse a calquer establecemento para que lles indiquen cómo beneficiarse deste sistema.
Pioneiros a nivel metropolitano
O Porriño será pioneiro a nivel metropoliano nesta iniciativa e un dos primeiros centros comerciais a nivel galego que aposta polas aplicacións móviles. Nun intre no que as novas tecnoloxías permiten mellorar as transaccións comerciais, ACIPOR da un paso cara a mellora dos servizos e a aposta polas novas tecnoloxías para que aumentar as ofertas e servizos aos seus consumidores e axudar a fidelizalos cun comercio de calidade como é o do Porriño.
Os interesados poderán atopar máis información nos comercios do Porriño ou en ACIPOR.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184