PROVINCIA
Carmela Silva demanda unha urxente actuación do goberno ante os dartos do desemprego na provincia
A Presidenta da Deputación de Pontevedra expresou a súa preocupación porque os datos da provincia superan en case tres puntos a media nacional.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, demandou hoxe unha actuación urxente do goberno do estado español e da Xunta de Galicia ante as cifras de crecemento do desemprego na provincia de Pontevedra e na comunidade autónoma.
“Os datos do desemprego do mes de setembro seguen a dicir que é certo que a nivel macro económico hai maior actividade pero tamén que esta actividade non crea emprego de calidade, senón todo o contrario, emprego precario e a tempo parcial. A nosa provincia non pode soportar máis esta situación. Teñen que poñer recursos tanto o goberno como a Xunta de Galicia para potenciar a actividade na nosa comunidade e no conxunto do estado porque esta situación empeza a ser insoportable”, subliñou a Presidenta.
Carmela Silva recordou que mentres as cifras en Galicia duplican a media de crecemento do desemprego do estado español, en Pontevedra este porcentaxe se dispara ate o 3,36 por cento, o que demostra “o que vimos denunciando dende a Deputación de Pontevedra que só creamos emprego nos meses onde hai turismo, polo tanto moi ligado os servizos e conxuntural con maioría de contratos temporais” polo que é necesario crear “un proxecto potente de promoción da actividade económica ligada á industria e a innovación e non a sectores que crean emprego parcial, temporal e conxuntural nuns meses do ano”, conclúe Silva.
A Presidenta subliñou que tamén e necesario “poñer en marcha proxectos públicos de creación de emprego de calidade onde as mulleres e os mozos e mozas sexan os protagonistas xunto os parados de longa duración. O Partido Popular tense que poñer as pilas, tanto a nivel do estado como en Galicia”.
Por último, Silva chamou a atención sobre os datos que reflexan que o emprego que se crea é de baixa calidade pola ampla temporalidade “que impide desenvolver un proxecto de vida” e que, sobre todo, o rostro desta “nova pobreza” ten nome de muller porque seguen a ser o maior número de desempregadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22