SALCEDA DE CASELAS
Salceda intensifica a loita contra a vespa velutina
![[Img #35551]](upload/img/periodico/img_35551.jpg)
A Concellaría de Medioambiente manterá unha xuntanza informativa coas comunidades de montes e as/os apicultoras/es sobre o “Trampeo da vespa velutina”, o vindeiro venres ás 20:00 na Casa da Cultura Castelao. Esther Ordoñez Dios, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia, será a encargada de informar sobre os métodos de trampeo para, entre todos e todas, conseguir reducir o número de velutinas. É fundamental reforzar o trampeo nesta época, coincidindo co nacemento de novas raíñas nos niños. Así pois, intentarase reforzar un protocolo para establecer as trampas co obxectivo de controlar á poboación de velutinas. Desta forma pódese mitigar o ataque desta especie invasora, que tanto daño está a facer no sector da apicultura, tanto polo ataque as abellas autóctonas como pola súa intrusión na polinización. Este ano ademáis detectáronse importantes danos nos sectores vitivinícola e hortofrutícola.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.96