GALICIA
A Xunta recibe aos mozos e mozas que desenvolverán accións de Servizo Voluntario Europeo
Trátase de 26 participantes con idades comprendidas ente os 17 e os 30 anos, dos cales 10 realizarán o seu proxecto de Servizo Voluntario Europeo en Galicia, 8 en Extremadura, 6 en Cataluña e 2 en Cantabria.
![[Img #35553]](upload/img/periodico/img_35553.jpg)
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, reuniuse esta semana cos mozos e mozas participantes no curso de formación á chegada do Servizo Voluntario Europeo, no marco do programa ‘Erasmus+: Xuventude en Acción’ que se desenvolverá ao longo desta semana na nosa comunidade. O encontro desta mañá tivo lugar nas instalacións do albergue xuvenil de Gandarío.
Trátase de 26 participantes, 7 mozos e 19 mozas, con idades comprendidas entre os 17 e 30 anos, procedentes de 15 países, que nos vindeiros meses realizarán o seu proxecto de Servizo Voluntario Europeo en distintas comunidades autónomas: 1 de Alemaña, 1 de Estonia, 2 de Francia, 1 de Xeorxia, 1 de Hungría, 5 de Italia, 1 de Letonia, 1 de Lituania, 2 de Polonia, 2 de Portugal, 1 da República Checa, 1 de Rusia, 1 de Serbia, 4 de Turquía e 2 de Ucraína. Destes 26 participantes na iniciativa, 10 realizarán o seu proxecto de Servizo Voluntario Europeo en Galicia, 8 en Extremadura, 6 en Cataluña e 2 en Cantabria. Os seus proxectos de voluntariado terán unha duración mínima de 12 semanas e máxima de 12 meses.
No caso de Galicia as organizacións de acollida dos voluntarios europeos son: Centro de Desenvolvemento Rural O Viso (Xinzo de Limia), Xeración Asociación Cultural (Narón), Escola de Tempo Libre Don Bosco (Santiago), Amigos da Terra (Ourense), Fundación Paideia Galiza (A Coruña) e os concellos de Curtis e Santa Comba. En Cantabria a entidade de acollida é a Asociación Ser Joven; en Cataluña: SCI Catalunya, Seo BirdlLife Delta, Asociación La Rotllana, AEDEQ e a Fundacón Alba; e en Extremadura a Asociación Multideportiva Euexia e a entidade Acción Rural.
Esta acción formativa, dunha semana de duración, ten como finalidade presentar aos mozos o país de acollida, facilitando a súa adaptación ao novo contexto social e cultural; proporcionarlles habilidades comunicativas, incluídos aspectos de aprendizaxe intercultural; presentarlles habilidades sociais mínimas indispensables para a convivencia, a prevención de conflitos e a xestión de crise; proporcionar un espazo para que os participantes poidan reflexionar sobre os obxectivos de aprendizaxe que poden desenvolver durante o Servizo Voluntario Europeo e planificar o seu proceso de aprendizaxe; e favorecer o coñecemento mutuo entre os voluntarios e comezar a construír redes.
Durante unha semana recibirán formación en Galicia coa finalidade de que coñezan o país de acollida e facilitar a súa adaptación ao novo contexto social e cultural
Esta formación á chegada enmárcase no Plan de Formación establecido pola Axencia Nacional Española do programa ‘Erasmus+: Xuventude en Acción’, no que se inclúe o Servizo Voluntario Europeo, axencia da que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado forma parte.
Durante este curso de formación levaranse a cabo sesións informativas de formación lingüística, sociocultural, coñecemento do programa ‘Erasmus+:Xuventude en Acción’ e do YouthPass, aprendizaxe intercultural e sobre a Unión Europea e a cidadanía europea e sobre participación, entre outras materias. Desenvolveranse diferentes obradoiros e actividades lúdicas.
Formación e relación intercultural
O Servizo Voluntario Europeo é unha acción incluída no programa europeo ‘Erasmus+:Xuventude en Acción’, dentro da liña estratéxica de mobilidade dos mozos e mozas. Ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.
Cecilia Vázquez apuntou que “os proxectos de mobilidade promoven maiores oportunidades de aprendizaxe, fomentan valores como o respecto, a tolerancia, a igualdade e a solidariedade, e reforzan vínculos entre os mozos e mozas participantes”. Ao resepecto, engadiu que “a mobilidade permite aos mozos e mozas desenvolver as súas competencias e capacidades, mellorando así as súas facultades de adaptación e empregabilidade”. E, ao fío disto, apuntou que “o programa Erasmus+ leva tres décadas brindando oportunidades á mocidade, facilitando o desenvolvemento de capacidades clave en particular nos ámbitos social e intercultural e promovendo a cidadanía activa”.
Esta iniciativa enmárcase no programa europeo ‘Erasmus+: Xuventude en Acción’ e ten como obxectivo principal promover a participación e o desenvolvemento da solidariedade entre os máis novos, así como facilitar a relación con culturas diferentes e facilitar a formación e o aprendizaxe ou perfeccionamento de idiomas
O Servizo Voluntario Europeo ofrece aos participantes de entre 17 e 30 anos a oportunidade de contribuír ao traballo diario das organizacións que actúan no ámbito da xuventude, o desenvolvemento persoal e socioeducativo dos mozos e mozas, a implicación civil, asistencia social, a inclusión dos desfavorecidos, o medio ambiente, os programas de educación non formal, entre outros.
A titular do departamento autonómico de Xuventude, Participación e Voluntariado sinalou que nas dúas primeiras quendas do 2017 foron aprobados en Galicia un total de 24 proxectos de Servizo Voluntario Europeo e por un importe total de 330.123 euros e nos que participarán 63 mozos e mozas europeos. Na actualidade en Galicia están acreditadas para participar no Servizo Voluntario Europeo 21 concellos e 60 entidades sen ánimo de lucro.
Ademais, cómpre lembrar que o xoves 4 de outubro ás 12:00 horas remata o prazo de terceira quenda do 2017 para presentar novos proxectos de voluntariado europeo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61